Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 21 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou os seus representantes debidamente acreditados.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 48.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 21 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Elvira Misa Figueroa, María Concepción Rodríguez Rial, Manuel Costas Hermida

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica regulamentación LMTA GON805 entre os apoios 39-45 e 39-50 no municipio de Nigrán (expediente IN407A 2022/29-4).

Isabel Lede Padín

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMT, CTC o Couto-Tremoedo no municipio de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/35-4).

Ana María Amorín Bravo

Información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica enlace VAA708-GON8007 no municipio de Gondomar (expediente IN407A 2022/3-4).