Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 23 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do prazo de vinte días para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS TRO701 ao CT Subride.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar …», mediante o presente anuncio infórmase do inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TRO701 ao CT Subride, no concello de Vigo, dos predios que se detallan no cadro, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1951, sobre expropiación forzosa.

O interesado poderá presentar, no prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración na cal se concrete o valor da indemnización que xulgue que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 23 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/230-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS TRO701 ao CT Subride.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

6660212NG2766S0001IO

José María Calderón Orth