Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 24 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Alto da Croa, nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña) (expediente IN408A 2020/154B).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotor/a: EDP Renovables España, S.L. (CIF: B-91115196).

Domicilio social: rúa Serrano Galvache, nº 56, 3º andar, edificio Encina, parque empresarial Parque Norte, 28033 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Alto da Croa (expediente IN408A 2020/154B).

Concellos afectados pola poligonal: Dumbría e Vimianzo (A Coruña).

Potencia a instalar: 42,9 MW.

Nº aeroxeradores que se van instalar: 8 ud.×5,3625 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta anual estimada: 171,42 GWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.996 horas.

Orzamento de execución material: 34.724.384,90 €.

Prazo de execución estimado: quince (15) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Alto da Croa

A.D.E.

Paxareiras II, Alto da Croa e Ponte Castrallón

Parque eólico Alto da Croa

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

V01

493.450

4.767.050

Vimianzo

V02

494.700

4.765.230

Dumbría

V03

495.950

4.765.010

Vimianzo

V04

496.100

4.762.100

Dumbría

V05

492.370

4.759.060

Dumbría

V06

492.190

4.758.430

Dumbría

V07

488.100

4.757.300

Dumbría

V08

487.700

4.758.700

Dumbría

V09

492.300

4.759.700

Dumbría

V10

494.520

4.764.680

Dumbría

V11

493.250

4.766.650

Vimianzo

Parque eólico Alto da Croa

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

AC-01

495.119

4.764.898

Dumbría

AC-02

494.386

4.762.879

Dumbría

AC-03

494.246

4.763.319

Dumbría

AC-04

492.048

4.758.847

Dumbría

AC-05

491.672

4.758.934

Dumbría

AC-06

491.296

4.759.018

Dumbría

AC-07

489.057

4.758.259

Dumbría

AC-08

488.329

4.757.641

Dumbría

Parque eólico Alto da Croa

Torre

meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TM-AC

491.783

4.758.551

Dumbría

Parque eólico Alto da Croa

Torre de

comunicacións

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TC-AC

495.850

4.762.265

Dumbría

Parque eólico Alto da Croa

Vértices de la subestación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

SET-01

495.903

4.762.310

Dumbría

SET-02

495.909

4.762.264

Dumbría

SET-03

495.862

4.762.258

Dumbría

SET-04

495.856

4.762.304

Dumbría

Características técnicas da instalación:

– Oito (8) aeroxeradores tripá, modelo Siemens-Gamesa SG-155-6.0 MW HH102,5, limitados a unha potencia nominal unitaria de 5,3625 MW, con velocidade e paso variables, altura ata a buxa de 102,5 m e diámetro do rotor de 155 m.

– Oito (8) centros de transformación trifásicos montados no interior de cada aeroxerador, de potencia aparente unitaria 6.500 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas de seccionamento, manobra e protección.

– Unha torre meteorolóxica de 102,5 m de altura.

– Unha subestación eléctrica transformadora, denominada SET Alto da Croa 30/66 kV, coa seguinte configuración:

• Sistema de 66 kV: unha (1) posición transformador-liña 66 kV e un (1) transformador de potencia trifásico 66/30 kV 37,5/50 MVA ONAN/ONAF.

• Sistema de 30 kV en intemperie: un (1) transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación de transformación 30/0,42 kV, unha (1) reactancia trifásica de posta a terra na saída de 30 kV do transformador de potencia, unha (1) batería de condensadores, un (1) interruptor trifásico con mando monopolar para batería de condensadores e tres (3) transformadores de intensidade para batería de condensadores.

• Sistema de 30 kV en interior: tres (3) celas de protección de liña, unha (1) cela de protección de secundario de transformador de potencia, unha (1) cela de protección de secundario de transformador de potencia (cela de reserva), unha (1) cela de protección de transformador de servizos auxiliares, unha (1) cela de medida de tensión de barras e unha (1) cela de batería de condensadores.

• Tamén disporá dun edificio de control con salas independentes para distintos usos.

– Unha torre de comunicacións, anexa á SET, para a transmisión dos datos.

– Un sistema colector de media tensión (MT) formado por tres circuítos de 30 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET. O tipo de cable empregado para esta rede será o condutor tipo AL-RHZ1-OL-18/30 kV, de diferentes seccións (95, 240, 500 e 630 mm²).

– A posta a terra da rede de MT está constituída por un condutor de cobre espido, de sección 50 mm², tendido ao longo da canalización de MT, no fondo dela. A rede de terras xeral do parque eólico (PE) forma un circuíto equipotencial.

– Pola mesma gabia coas liñas de MT, instalarase unha rede de comunicacións que empregará como soporte un cable de fibra óptica e que se usará para a monitorización e control do PE.

– Para a evacuación do parque, instalarase unha liña soterrada de alta tensión (LSAT) 66 kV. A dita liña será trifásica, de simple circuíto, condutor tipo AL RHZ1-RA-2OL 36/66 kV (1×400 mm² Al+H95), e contará cunha lonxitude de 212 m de liña e 172 m de canalización. A súa orixe localizarase na posición de liña da SET Alto da Croa e o seu final no apoio inicial (próximo á subestación eléctrica colectora Lagoa 30-66/220 kV) da liña existente LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-eixe/monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV (esta subestación chámase agora Lagoa 30-66/220 kV, o número de expediente da liña é IN407A 2017/166-1 e encóntrase actualmente en servizo). A conversión aéreo-soterrada no dito primeiro apoio da LAT 66 kV tamén será obxecto deste proxecto.

– Na subestación eléctrica colectora Lagoa 30-66/220 kV evacúan a enerxía varios parques de diferentes promotores. O PE Alto da Croa utilizará, de forma compartida, o trafo 3 66/220 kV (entrada 3 Paxareiras) existente na dita subestación. A seguir, a enerxía conectarase á rede eléctrica de transporte na subestación Regoelle 220 kV, propiedade de Red Eléctrica España (REE), actualmente en servizo e situada a escasos metros da subestación Lagoa.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O modificado substancial do proxecto de execución (xuño 2021-visado 24.6.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021-asinado 27.10.2021).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (outubro 2021-asinado 25.10.2021).

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/alto-croa

A Coruña, 24 de marzo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña