Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22798

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 15 de marzo de 2022, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva do estudo de detalle da U.A. Hernán Cortés (expediente 5264/401).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 23 de febreiro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Desestimar as alegacións achegadas no preceptivo período de información pública, nos termos sinalados no informe achegado polo equipo redactor con data do 25.10.2021 (cod.sol. W615866-6210), co contido e proposta de desestimación delas, e ratificado no informe técnico emitido pola arquitecta xefa de barrios históricos con data do 21.12.2021.

Segundo. Prestar aprobación definitiva ao documento nomeado Estudo de detalle na U.A. Hernán Cortés, promovido, mediante iniciativa particular, por Isaac Álvarez García e outros, co obxecto de definir con precisión as aliñacións exteriores e interiores, así como a reordenación de volumes edificables (dous bloques) no ámbito da U.A. Hernán Cortés, acadando así os obxectivos do PEEC, instrumento urbanístico redactado con data de novembro de 2021 polo arquitecto José A. Comesaña García, para a súa aprobación definitiva, adaptado ás NNTT de Planeamento de Galicia, presentado no Rexistro Electrónico da XMU con data do 21.12.2021 (cod.sol.: W637487-268).

Terceiro. Acordar, no ámbito do estudo de detalle, e ao abeiro da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana, a delimitación do ámbito de actuación conxunta no medio urbano e o inicio do procedemento de equidistribución de beneficios e cargas das parcelas afectadas e a declaración de utilidade pública ou, se é o caso, o interese social para os efectos da aplicación do réxime de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, de ser o caso.

Cuarto. De conformidade co previsto no artigo 13 da LRRRUG, a xestión urbanística do ámbito realizarase mediante o sistema de reparcelación.

Quinto. Acordar o inicio do expediente de reparcelación procedéndose á súa preceptiva información pública no BOP, nun dos diarios de maior circulación da provincia e notificación individualizada aos titulares catastrais afectados, de conformidade coa normativa de pertinente aplicación.

Sexto. Proceder á realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do seu regulamento de desenvolvemento, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado; remitir certificación deste acordo aos promotores e facerlles constar expresamente que na correspondente fase de urbanización dos espazos libres de edificación se garantirá en todo caso o acceso rodado de vehículos, a través da praza de nova apertura, así como a todos os interesados neste procedemento, e publicar o acordo de aprobación definitiva, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia.

Pola súa banda, procederase a comunicar o dito acordo á consellería competente en materia de urbanismo, á cal se lle dará traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, en relación co artigo 65.4 do mesmo corpo legal.

Sétimo. O contido íntegro do estudo de detalle definitivamente aprobado estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ e no Portal de transparencia.

Oitavo. Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), nun prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente acordo, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere máis procedente e sexa conforme a dereito».

Conforme o sinalado no artigo 101.3 do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística, mediante este anuncio, procédese á publicación do inicio do expediente de reparcelación co obxecto de que, conforme o artigo 106.1 da norma citada, no prazo dos tres meses seguintes a partir da data seguinte a esta publicación, os propietarios que representen os dous terzos do número total de propietarios interesados e o 80 por 100 da superficie reparcelable formulen proxecto de reparcelación conforme a normativa e o planeamento de aplicación, que conterá coa debida precisión os criterios de definición, valoración e adxudicación dos predios resultantes.

Vigo, 15 de marzo de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo