Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 22996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 25 de marzo de 2022, da Zona Norte, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento de usuarios número 2, no dominio público portuario de San Cibrao.

Ao quedar dispoñible o departamento de usuarios número 2 dentro do dominio público portuario do porto de San Cibrao, no termo municipal de Cervo, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, do portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

Lugo, 25 de marzo de 2022

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte