Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 23010

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

ANUNCIO da convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal.

O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), en sesión celebrada 30 de marzo de 2022 aprobou as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal do grupo operativo da Sociedade (axente de aparcadoiro, axente de estación, axente de depósito, controlador/a).

As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, CP 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ou pódense descargar directamente da páxina www.tussa.org, no apartado convocatorias.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2022

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA)