Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 22982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto:

O Miradoiro, SAT nº 945 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Explotaciones Ferreiro, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral do 27 de abril de 2021 celebrada ante notario.

Sanfoga, SAT nº 1383 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 26 de abril de 2018 celebrada ante notario.

Vilaverde, SAT nº 876 Xuga, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 1 de setembro de 2014 celebrada ante notario.

Corpedrafor, SAT nº 706 Xuga, cancelada de oficio o 13 de xaneiro de 2022, consonte o artigo 14.2 do Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución, acordada na asemblea xeral do 4 de xaneiro de 2021.

Do Brexeo, SAT nº 826 Xuga, cancelada por transformación da entidade en O Brexeo de Grixalba, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral extraordinaria do 7 de xaneiro de 2021 celebrada ante notario.

Gandería Vieiro, SAT nº 1321 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Vieiro, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral do 28 de decembro de 2012 celebrada ante notario.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias