Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 11 de abril de 2022 Páx. 22967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 24 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmete perigosos ANP-LU-0051/2021.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto da notificación foi adoptado pola instrutora do expediente sancionador en Lugo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Lugo, 24 de marzo de 2022

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: ANP-LU-0051/2021.

DNI: 48359653Z.

Acto notificado: proposta de resolución.