Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23149

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso, dous postos de traballo de persoal laboral mediante contrato temporal na modalidade de obra ou servizo determinado asociado ao proxecto Living Port financiado por fondos europeos dentro da convocatoria Horizon 2020:

– 1 praza de técnico/a de medioambiente GII BII N8.

– 1 praza de técnico/a de infraestruturas GII BII N8.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Vigo, 6 de abril de 2022

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo