Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 12 de abril de 2022 Páx. 23049

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2022 pola que se modifica a Resolución do 11 de marzo de 2022 pola que se convoca un curso básico selectivo para o acceso á categoría de policía, escala básica dos corpos de policía local.

Co obxectivo de acadar a maior efectividade e coordinación con outras administracións, modifícase a Resolución do 11 de marzo de 2022 na que se convocou o curso básico selectivo para o acceso a categoría de policía, escala básica dos corpos de Policía local, no senso que a seguir se indica:

Este curso desenvolverase entre o 27 de abril de 2022 e o 20 de xaneiro de 2023, na forma que a continuación se indica:

–Na academia, en dous períodos:

1) Do 27 de abril ao 1 de xullo de 2022.

2) Do 3 de outubro de 2021 ao 20 de xaneiro de 2023.

– Nos concellos de procedencia e realizando o período de prácticas:

1) Do 2 de xullo ao 2 de outubro de 2022.

As clases lectivas na Agasp desenvolveranse de luns a venres en horario de mañá e tarde.

A Estrada, 6 de abril de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública