Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 13 de abril de 2022 Páx. 23312

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO referente á corrección dun erro na convocatoria para a provisión dunha praza de persoal de información-subalterno.

No DOG do 25 de xaneiro de 2022 publicouse o anuncio da convocatoria e das bases do proceso selectivo dunha vacante do posto de persoal de información-subalterno por promoción interna.

Tras ser advertido un erro na forma de provisión, procédese á súa rectificación: debe quedar o anuncio como de convocatoria por provisión de postos mediante concurso.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Fene, 15 de marzo de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde