Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 31 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2022/0013-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0013-4.

Acta: I362021000050426.

Empresa: Florida 11 Hostelería, S.L.

Enderezo: rúa Manuel Rodríguez, 112, O Porriño.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 16.1 e 16.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1.a) e 39.2.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 4.3.2022.

Resolución: multa de 8.196 €.

Vigo, 31 de marzo de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Vigo