Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2022 Páx. 23901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 31 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización do aproveitamento das augas do pozo Tres Mares como mineromedicinais e termais, no termo municipal de Caldas de Reis (Pontevedra).

O 5 de xuño de 2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas declarou a condición mineiromedicinal e termal da captación denominada pozo Tres Mares, realizada pola sociedade Tres Mares, S.A. como titular do Balneario Acuña, nos terreos da súa propiedade situados no concello de Caldas de Reis e nas seguintes coordenadas UTME (ETRS 89): X=529.256,22 e Y=4.716.686,78.

Actualmente, esta xefatura territorial está a tramitar a solicitude da sociedade Tres Mares, S.A., NIF A39005574, de autorización do aproveitamento das augas do pozo Tres Mares como mineromedicinais e termais, situado no concello de Caldas de Reis, na parcela de propiedade da empresa promotora.

De conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter á información pública, por un prazo de quince días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, a solicitude de autorización do aproveitamento das augas do pozo Tres Mares como mineromedicinais e termais, coas seguintes características:

Empresa promotora: Tres Mares, S.A., A39005574, como titular do Balneario Acuña.

Dereito mineiro: sección B.

Coordenadas: X = 529.256,22 e Y = 4.716.686,78 (datum ETRS89, fuso 29).

Situación do pozo Tres Mares: dentro do recinto do Balneario Acuña, en Caldas de Reis, no perímetro de protección autorizado pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas o 28 de marzo de 2016.

Perímetro de protección Caldas de Reis aprobado

Vértices e coordenadas UTM (DATUM ED 50)

Vértices

X

Y

1

530.502,5

4.719.139,5

2

529.348,7

4.719.382,3

3

528.406,6

4.719.161,4

4

528.403,3

4.716.959,6

5

527.274,2

4.716.292,0

6

527.160,5

4.714.543,0

7

529.571,7

4.713.635,0

8

530.783,0

4.714.674,0

9

531.632,2

4.717.262,1

Profundidade: 79,6 metros.

Caudal: 50.000 l/h.

Temperatura: 42,8 ºC.

A solicitude e o proxecto xeral de aproveitamento das augas mineromedicinais e termais do pozo Tres Mares poderán ser consultados na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Segundo. As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, preferiblemente a través do formulario normalizado (PR004) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, ademais de nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Cando sexa indispensable a atención presencial e atendendo ás medidas fronte ao coronavirus, as persoas interesadas poderán acudir a esta xefatura territorial (avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra), con cita previa no número de teléfono 986 80 52 37.

Pontevedra, 31 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra