De acordo coa base cuarta da Resolución do 25 de novembro de 2021 (DOG do 9 de decembro), mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo II, na categoría de técnico/a medio de tecnoloxías da información e comunicacións, polo sistema de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo
Segundo. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivase a exclusión ou a omisión. Quen dentro do prazo sinalado non emende a exclusión ou alegue a omisión e xustifique o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.
Terceiro. Publicar a composición do tribunal cualificador, que terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
Tribunal titular:
Presidencia: José Juan Pazos Arias, catedrático da Universidade de Vigo.
Vogais: Rosa María Reinoso Justo, técnica superior de informática da Universidade da Coruña.
Alma María Gómez Rodríguez, profesora titular da Universidade de Vigo.
Carlos Cuervo Martínez, técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións da Universidade de Vigo.
Secretaría: Juan Aguiar Fernández, técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións da Universidade de Vigo.
Tribunal suplente:
Presidencia: Alejandra Vilas Rodríguez, técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións da Universidade de Vigo.
Vogais: Sonia Álvarez López, técnica superior de teledocencia da Universidade de Vigo.
Pablo Fernández Baladrón, técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións da Universidade de Vigo.
Sergio Gándara González, técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións da Universidade de Vigo.
Secretaría: María Olga Folgueiras Artime, técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións da Universidade de Vigo.
Vigo, 4 de abril de 2022
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo