Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de marzo de 2022, polo que se declara a perda da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública do monte Caeiro, número 77, no concello de Cuntis.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o seguinte anuncio:

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de marzo de 2022 adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

1. Declarar a perda da condición de utilidade pública, e a conseguinte exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública, do monte Caeiro, número 77, no concello de Cuntis (Pontevedra).

2. Das traslado ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico da citada modificación da declaración de utilidade pública.

Contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o Consello da Xunta de Galicia no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal