Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 1 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados correspondentes ao expediente da LMT 30 kV de evacuación do parque eólico Cadeira (concellos de Lourenzá, Riotorto e Mondoñedo) (expediente IN408A/2017/36).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación da LMT 30 kV de evacuación do P.E. Cadeira, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 1 de abril de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN408A/2017/36.

Denominación: LMT 30 kV de evacuación do P.E. Cadeira.

Pagamento do prezo xusto.

Predio

Propietarios

Concello

Data

Hora

49A

Hros. de Jesús Sánchez Coldeira

Lourenzá

6.5.2022

10.30