Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24024

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2022 pola que se modifica a Resolución do 28 de marzo de 2022 pola que se convoca concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario correspondentes aos subgrupos A1, A2, C1 e C2.

Mediante a Resolución do 28 de marzo de 2022 (DOG núm. 67, do 6 de abril), convócase concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario correspondentes aos subgrupos A1, A2, C1 e C2 vacantes na Universidade de Santiago de Compostela. Advertida a omisión de diversos postos vacantes susceptibles de ser ofertados, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución reitoral do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 11 de maio),

RESOLVE:

Modificar a relación de vacantes ofertadas na convocatoria referida coa incorporación dos postos que se indican no anexo.

Esta corrección implica abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As persoas aspirantes que desexen modificar a súa solicitude deben presentar unha nova en que indican, por orde de prelación, todos os postos aos cales desexan concorrer. Esta solicitude suporá a anulación da presentada inicialmente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2022

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Código

Denominación e unidade de adscrición do posto

Nivel

Subgrupo

Quenda

Campus

Observacións

PF000227

Xefatura de Negociado de Contabilidade

Servizo de Contabilidade e Orzamentos

20

C1/C2

M

Compostela

PF000228

Xefatura de Negociado de Xustificación

Servizo de Contabilidade e Orzamentos

20

C1/C2

M

Compostela

Vacante ao 16.4.2021

PF000231

Xefatura de Negociado de Tesouraría: Transferencias, Subvencións e Operacións Financeiras

Servizo de Contabilidade e Orzamentos

20

C1/C2

M

Compostela

PF000897

Xefatura de Negociado de Control de Tramitación de Obrigas con Terceiros.

Servizo de Control Interno

20

C1/C2

M

Compostela

PF000704

Posto base

Servizo de Contabilidade e Orzamentos

17

C1/C2

M

Compostela

PF000705

Posto base

Servizo de Contabilidade e Orzamentos

17

C1/C2

M

Compostela

PF000708

Posto base

Servizo de Contabilidade e Orzamentos

17

C1/C2

M

Compostela

PF000710

Posto base

Servizo de Contabilidade e Orzamentos

17

C1/C2

M

Compostela

PF000817

Posto base

Servizo de Contabilidade e Orzamentos

17

C1/C2

M

Compostela

PF000727

Posto base

Servizo de Xestión Económica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000728

Posto base

Servizo de Xestión Económica

17

C1/C2

M

Compostela

PF000729

Posto base

Servizo de Xestión Económica

17

C1/C2

M

Compostela