Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24204

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2022.

A Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, mediante o Decreto número 391, do 25 de marzo de 2022, acordou aprobar a oferta de emprego público desta administración para o ano 2022, incluíndo as seguintes prazas vacantes nos termos que se reproduce:

A. Funcionarios de carreira.

A.1. Funcionarios da Administración xeral.

– 1 praza de funcionario de carreira, escala da Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo C, subgrupo C2.

O prazo máximo para a convocatoria dos procesos selectivos será o 31 de maio de 2023, o prazo de remate do proceso selectivo prevese o 31 de xaneiro de 2024 e a selección realizarase mediante oposición en quenda libre.

A.2. Funcionarios do corpo de policía local.

– 1 praza de funcionario de carreira, escala básica, categoría policía, denominación policía local, integradas no grupo C, subgrupo C1.

A selección será realizada pola Academia Galega de Seguridade Pública segundo o convenio asinado entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello do Barco de Valdeorras o 9 de marzo de 2018, e prorrogado o 21 de febreiro de 2022.

B. Persoal laboral.

– 1 praza de persoal laboral fixo, axudante de cociña e limpeza da escola infantil municipal. A selección realizarase en quenda libre e mediante concurso-oposición.

Establécese o concurso oposición ao considerar que resulta unha vantaxe para esta administración, debido á natureza das funcións que se van desenvolver da praza, que o aspirante que resulte seleccionado teña experiencia e ou coñecementos previos no desenvolvemento das funcións encomendadas, que son de carácter predominantemente manuais.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpoñer os seguintes recursos:

1. De forma potestativa o recurso de reposición, ante o alcalde do Concello do Barco de Valdeorras, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio, segundo establecen os artigos 112 a 120, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Recurso contencioso-administrativo, nos xulgados do contencioso-administrativo de Ourense (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio. En caso de interpoñerse recurso de reposición, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será igualmente de dous meses contados desde a notificación da resolución desestimatoria do recurso de reposición, se for expresa, ou desde a súa desestimación tácita, que se producirá se no prazo de seis meses non se resolve o recurso de reposición interposto. Todo iso sen prexuízo de que interpoña calquera outro que xulgue procedente.

O Barco de Valdeorras, 25 de marzo de 2022

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde