Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2022 Páx. 24439

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 12 de abril de 2022 pola que se modifica o anexo I da Orde do 9 de febreiro de 2022 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas, convocado pola Orde do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño).

Mediante a Orde do 9 de febreiro de 2022 (DOG núm. 36, do 22 de febreiro) publicouse a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas, convocado pola Orde do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño).

No anexo I da dita orde figuran, entre a relación de persoal aspirante que supera o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de ensinanza secundaria nas seguintes quendas e especialidades, as seguintes persoas:

– Carmen Lina Balvís Prieto na especialidade 511101-Administración de Empresas, cunha puntuación de 9,2400 puntos, na orde de prelación nº 10 pola quenda libre.

– María José Soto Lorenzo na especialidade 511110-Organización e Xestión Comercial, cunha puntuación de 8,8150 puntos, na orde de prelación nº 8 pola quenda libre.

– Gloria María Martín Diego, na especialidade 511006-Matemáticas, cunha puntuación de 9,5612 puntos, na orde de prelación nº 59 pola quenda libre.

Como consecuencia da estimación dos recursos de reposición presentados en virtude do establecido no punto sétimo da citada orde, cómpre modificar o seu anexo I no que respecta ás especialidades de acceso destas persoas, e engadir a Francisco Varela Arís na relación de persoas que superaron o procedemento de acceso na especialidade de Matemáticas.

Polo exposto e na súa virtude, esta consellería

RESOLVE:

Modificar o anexo I da Orde do 9 de febreiro de 2022 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas, convocado pola Orde do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño), nos seguintes termos:

Primeiro. Anúlase a seguinte relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario que figuran no seu anexo I.

Anulacións

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Código especialidade

Nome

especialidade

Nº de orde

Quenda

Puntuación total

Martín

Diego

Gloria María

***7169**

511006

Matemáticas

59

L

9,5612

Balvís

Prieto

Carmen Lina

***7656**

511101

Administración de Empresas

10

L

9,2400

Soto

Lorenzo

María José

***9446**

511110

Organización e Xestión Comercial

8

L

8,8150

Segundo. Modifícase o anexo I da Orde do 9 de febreiro de 2022, cos cambios seguintes no que atinxe á relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, ordenado por especialidade e número de orde:

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Código especialidade

Nome

especialidade

Nº de orde

Quenda

Puntuación total

Varela

Arís

Francisco

***0345**

511006

Matemáticas

124

L

8,9050

Martín

Diego

Gloria María

***7169**

511019

Tecnoloxía

66

L

9,5612

Soto

Lorenzo

María José

***9446**

511101

Administración de Empresas

21

L

8,8150

Balvís

Prieto

Carmen Lina

***7656**

511110

Organización e Xestión Comercial

5

L

9,2400

Terceiro. De acordo co disposto no punto sexto da Orde do 9 de febreiro de 2022, as persoas seleccionadas que acceden ao corpo de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas en virtude desta orde serán nomeadas con efectividade do 1 de xaneiro de 2022.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2022

Román Rodríguez Fernández
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade