Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2022 Páx. 24382

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, na súa xuntanza do día 21 de febreiro de 2022, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes).

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro

Publicar as bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), as sociedades de garantía recíproca (en diante, SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes) (código de procedemento IG535A).

E proceder á convocatoria para o ano 2022 da liña de préstamos para o crecemento das pemes-Reavais Crecemento, da liña de operacións de tráfico comercial-Reavais Funcionamento, da liña de garantías vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos-Reavais Garantías e da liña de préstamos avalados para financiar a operativa das pemes afectadas polas consecuencias económicas da invasión de Ucraína por Rusia (Reaval conflito Rusia-Ucraína), en réxime de concorrencia non competitiva.

Segundo. Prazos de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Terceiro. Dotación orzamentaria

a) Provisións para atender posibles falidos.

Dotaranse provisións para atender posibles falidos do exercicio 2022 polo importe máximo de 2.000.000 € (partida orzamentaria 06.A1.741A.8900).

As dotacións ao fondo de garantía de avais materializaranse cunha retención de crédito polo 10 % do importe máximo de cada reaval que conceda o Igape ante as SGR que subscriban o convenio asinado para o efecto no período de vixencia. Establécese un límite máximo total de operacións financeiras avaladas polas SGR de 80.000.000 €, cun límite máximo de reavais do Igape ante SGR de 20.000.000 €, respectando, xunto cos restantes avais concedidos ou que poida conceder o Igape, o límite de risco establecido pola Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma.

Anualmente, e mentres as operacións reavaladas estean en vigor, será rexistrada ao inicio de cada exercicio unha retención de crédito na partida orzamentaria indicada, aplicando a porcentaxe de provisión ao montante de reavais vivos. Durante o exercicio, esta retención de crédito será incrementada por cada reaval concedido, e minorarase no seu caso en proporción aos reavais minorados conforme a información trimestral de avais vivos facilitada para tal efecto polas SGR.

b) Compensacións ás SGR.

En relación coa compensacións económicas ás SGR, os créditos dispoñibles nesta convocatoria serán de 3.500.000 € para o exercicio 2022 e 500.000 € para o exercicio 2023, partida orzamentaria 06.A1.741A.7700, coa existencia previa de crédito adecuado e suficiente.

c) Subsidiación de gastos financeiros.

A subsidiación ao tipo de xuro financiarase con cargo á partida orzamentaria 06.A1.741A.7700, cunha dotación de 500.000 € para o ano 2022 e de 3.650.000 € para o ano 2023.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres meses desde a recepción no rexistro do Igape da solicitude de axuda.

Quinto

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes)

O Igape, no cumprimento das súas funcións, enfoca os seus programas e iniciativas na procura do desenvolvemento do sistema produtivo galego, en especial, apoiando as pequenas e medianas empresas (pemes).

Son estas as que sofren maiores dificultades para acceder ao financiamento adecuado ás súas necesidades, atopándose con maiores exixencias de garantías e maiores custos de financiamento que outras empresas de maior dimensión.

De forma continuada, durante máis de 25 anos o Igape vén apoiando o acceso ao financiamento das pemes con axudas en forma de garantía e subvencións de gastos financeiros, promovendo diversas liñas para cubrir necesidades específicas.

As SGR galegas, veñen tamén desempeñando desde a súa creación un importante papel no tecido empresarial de Galicia, compartindo co Igape o obxectivo de posibilitar o acceso ao crédito das pemes galegas, mediante a prestación de avais ante entidades de crédito, actividade na cal teñen demostrada solvencia e capacidade técnica.

O apoio conxunto do Igape e das SGR galegas á obtención de financiamento por parte das pemes toma forma coa promoción de convenios de colaboración coas principais entidades de crédito que operan en Galicia, cos cales se acadou moi boa experiencia no pasado.

Mediante as resolucións do 21 de maio de 2019, do 7 de febreiro de 2020 e do 18 de xuño de 2021 publicáronse as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas SGR e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), para os anos 2019, 2020 e 2021, respectivamente, nas cales se estableceu un marco de apoio ao acceso ao crédito, regulando os requisitos e o procedemento de calquera actuación de apoio ao crédito bancario.

Dispoñer deste marco de apoio demostrouse eficaz para canalizar os apoios da Xunta de Galicia ao financiamento das pemes, cubrindo as necesidades financeiras estruturais con liñas como o Reaval Crecemento, Reaval Funcionamento e Reaval Garantías, e facilitando a instrumentación de liñas extraordinarias para cubrir necesidades puntuais, como a Liña extraordinaria COVID-19 e os Microcréditos COVID-19 (resolucións do 31 de marzo de 2020 e do 9 de xullo de 2020, respectivamente).

Coas presentes bases reguladoras dáselle continuidade ao dito marco, mantendo os programas preexistentes antes da aparición da crise sanitaria, ben que, tratando de incorporar melloras a medida que se van detectando novas necesidades.

Adicionalmente, e atendendo ao contexto actual, insírese unha liña específica para o financiamento da operativa das empresas máis afectadas polas consecuencias económicas da invasión de Ucraína por Rusia. Tanto a agresión militar como as medidas adoptadas contra o país invasor están a ter consecuencias para o tecido produtivo galego, entre outras, en forma de interrupcións nas cadeas de subministración, especialmente de cereais e aceites vexetais, así como de encarecemento dos prezos de fontes de enerxía como a electricidade, o gas ou o petróleo. É por isto que se considera necesario establecer, para as empresas máis afectadas, un mecanismo que lles permita financiar a longo prazo os pagamentos operativos, dispoñer dun fondo de manobra suficiente e financiar, así mesmo, os investimentos necesarios para reducir a dependencia de determinadas materias primas e/ou provedores, así como para mellorar a súa eficiencia enerxética.

Deste xeito, as axudas recollidas no anexo I tratan de dar resposta ás necesidades de financiamento detectadas nas pemes galegas, facilitando:

a) Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer, mediante reavais, o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas, e dar a posibilidade de aplicar os fondos, total ou parcialmente, ao pagamento e/ou reestruturación de débedas con entidades financeiras.

b) Operacións avaladas para o financiamento de tráfico comercial, co obxecto de favorecer o acceso a novo financiamento operativo, para o tráfico comercial das pemes galegas mediante liñas de crédito específicas para adianto de efectos comerciais e facturas, pólizas de pagamentos a provedores e pólizas de comercio exterior.

c) Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos, co obxecto de favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, para garantir o cumprimento de contratos, tráfico comercial ou avais técnicos.

d) Préstamos avalados para financiar a operativa das pemes galegas afectadas polos incrementos dos prezos de materias primas e subministracións como consecuencia da invasión de Ucraína por Rusia, co obxecto de que poidan dispoñer de liquidez para afrontar o incremento dos prezos e realizar investimentos que lles axuden a paliar os efectos económicos do conflito bélico.

En todas estas modalidades, o apoio do Igape consiste nun reaval de, como máximo, o 25 % do risco asumido polas SGR, que facilite o acceso ao crédito e, no caso da liña reflectida na letra d) anterior, cunha bonificación no tipo de xuro de ata 1,5 puntos porcentuais.

A convocatoria dos apoios deberá ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

A tramitación destas axudas exclúe a concorrencia competitiva con base no establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), por canto serán subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras, ata o esgotamento do crédito.

Xustifícase a excepcionalidade por canto neste caso non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de apoiar calquera operación financeira que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, supoña dotar as pemes beneficiarias da liquidez necesaria para poder financiar as súas operacións correntes e de investimento, e o seu crecemento.

Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos coa debida dilixencia e en todo momento, mantendo a posibilidade de prazos de solicitude máis dilatados no tempo.

Artigo 1. Obxecto

Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I.

Artigo 2. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.

b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I.

2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007. A operación financeira deberá estar formalizada a nome da entidade, e deberá ser asinada por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

No caso de comunidades de bens, cada un dos socios deberá cubrir o formulario do anexo III.

3. Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as que expresamente se exclúan, se é o caso, para cada liña de financiamento conforme o recollido no anexo I. En todo caso, exclúense as que a seguir se relacionan:

a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).

b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.

c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.

d) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.

e) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.

f) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro), no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

4. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que en este adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do artigo 5.bis da citada Lei 22/2003, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento.

c) As entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.

Artigo 3. Características das operacións financeiras e axuda do Igape

1. As características, finalidades, importes máximos e mínimos, e condicións das operacións financeiras apoiadas serán as detalladas para cada liña de financiamento recollida no anexo I.

2. Axuda do Igape en forma de garantía.

Naquelas liñas de financiamento en que así se recolla no anexo I, a axuda do Igape consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación avalada e, en todo caso, co máximo de 7 anos, en garantía dun máximo do 25 % do risco asumido pola SGR. Seguindo os criterios establecidos na Comunicación da Comisión 2008/C155/02 relativa á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE das axudas estatais outorgadas en forma de garantía, considérase como axuda indirecta a equivalente ao importe da prima non cobrada ao beneficiario.

Con carácter xeral, o reaval do Igape ante as SGR será do 25 % do risco asumido pola SGR, salvo nos casos en que a SGR combine este coa cobertura de reavais doutros organismos públicos ou dependentes da Administración. Nestes supostos aplicarase en primeiro lugar a porcentaxe máxima prevista por esoutros organismos públicos ou dependentes da Administración, para cada tipo de operación. Se, como consecuencia da suma das porcentaxes de reaval desoutros organismos e do Igape se exceden os límites de porcentaxe máxima permitida pola normativa vixente, reducirase a cobertura do reaval do Igape na porcentaxe necesaria para non superar o citado límite.

O cálculo da subvención bruta equivalente implícita na axuda en forma de garantía determinarase segundo a seguinte fórmula de cálculo simplificada:

Subvención bruta equivalente = 2 × (importe do reaval en euros) x (prazo de vixencia do reaval en anos)/75.

3. Axuda do Igape en forma de subsidiación de gastos financeiros.

Nas liñas de financiamento en que así se recolla no anexo I, a axuda do Igape poderá consistir na bonificación do tipo de xuro nominal e/ou das comisións de aval das operacións de préstamo acollidas a estas bases.

A axuda que se aboará ao titular calcularase do seguinte xeito:

– Calcularanse os valores absolutos dos puntos que se percibirán durante o período teórico de vixencia do préstamo, incluído, se é o caso, o período de carencia.

– Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da concesión da operación financeira.

– No caso de que a operación for formalizada a un prazo superior a 7 anos, os cálculos faranse de xeito teórico, como se for a 7 anos, incluída a carencia.

– Axuda á comisión do aval financeiro, se é o caso, que se calculará como na axuda ao tipo de xuro.

4. Compatibilidade e límites.

A concesión das axudas destas bases queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de minimis. De xeito xeral, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais e, para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 €. Para as empresas cuxa actividade estea encadrada no Regulamento de minimis específico do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 € durante calquera período de tres exercicios, co límite establecido para España no anexo I do Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro).

A solicitude e obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento da solicitude da axuda. Así mesmo, a SGR deberá comunicar ao Igape a porcentaxe de reaval obtida doutros organismos, así como as axudas de minimis implícitas nel. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Solicitude

1. Forma e lugar de presentación das solicitudes:

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidas da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

Considérase que todos os solicitantes, ao exerceren unha actividade económica, dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, polo que queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, con indicación dos 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

2. Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralle o contido do formulario electrónico da solicitude á SGR a través da extranet de entidades colaboradoras. A SGR contactará coa solicitante, e requiriralle toda a documentación necesaria para a comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos nestas bases e para a valoración da concesión da operación financeira de aval e crédito.

A SGR colaboradora coordinará coa entidade de crédito adherida ao convenio que o solicitante designe o estudo da operación financeira de crédito. Para iso, unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos das bases reguladoras, a SGR remitiralle o expediente de solicitude á entidade de crédito.

A entidade de crédito adherida comunicaralle a SGR a súa decisión sobre a concesión da operación financeira.

No caso de que a SGR aprobe a operación financeira, e non se obteña a aprobación por parte da entidade de crédito inicialmente designada, por petición do titular, a SGR poderá remitir a solicitude a outra das entidades adheridas ao convenio de colaboración.

No caso de operacións de importe superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR asinante, neste suposto, a SGR designada polo titular no formulario de solicitude remitirá o expediente á outra SGR para a avaliación do coaval.

Nun prazo máximo de 35 días hábiles desde a presentación da solicitude, a SGR designada deberá comunicar ao Igape a través da extranet de entidades colaboradoras a súa decisión e a da entidade de crédito respecto á concesión da operación financeira. No caso de aprobación, incluirá:

– O importe aprobado, que poderá ser igual ou inferior ao solicitado, respectando os límites establecidos no anexo I para cada liña de financiamento.

– O prazo concedido e, se é o caso, a carencia.

– As condicións de tipo de xuro e comisións.

– Unha declaración do cumprimento das condicións establecidas nestas bases reguladoras emitida con base na revisión documental efectuada pola SGR.

– Unha declaración relativa á custodia da documentación do expediente que corresponderá á SGR como entidade colaboradora.

No caso de denegación, unha descrición do motivo.

3. A instrución e resolución do procedemento basearase nas declaracións contidas no formulario e na documentación achegada ás SGR adheridas, que comprobarán que cumpran as condicións e requisitos previstos nestas bases para a obtención da axuda, así como a execución e cumprimento da finalidade da axuda no caso de que lles sexa requirido.

4. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se o formulario de solicitude non reúne os datos exixidos, o Igape requirirá o solicitante para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento emende a falta, con indicación de que, en caso contrario, se lle terá por desistido da súa petición e se arquivará o expediente logo da correspondente resolución.

5. A verificación por parte das SGR da documentación presentada coas solicitudes e do cumprimento dos requisitos previstos nestas bases para a obtención da axuda, así como as comunicacións sobre a concesión da operación polas SGR e as verificacións sobre o cumprimento das finalidades da axuda, presentaranse a través da extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es). Esta vía electrónica será obrigatoria. O Igape reserva para si a potestade de introducir modificacións no funcionamento e na recollida de datos da extranet, co obxecto de mellorar a efectividade das interaccións entre entidades ou as actuacións de control que son propias do seu papel no convenio asinado para o efecto.

A autorización de acceso á extranet de entidades colaboradoras para este convenio darase de oficio para os usuarios que as SGR teñan xa rexistrados para outros convenios, ben que é posible modificar estas autorizacións ou dar novas altas mediante a notificación do anexo V, que se deberá presentar a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, xunto coa copia do poder da persoa representante da entidade. Para estes efectos, as entidades colaboradoras terán que acreditar a súa solvencia técnica para acceder e xestionar a extranet de entidades colaboradoras.

6. Cando por motivos técnicos non sexa posible a tramitación mediante a extranet de entidades colaboradoras, poderá admitirse a presentación dos documentos e comunicacións a través da oficina virtual do Igape ou da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, relativos á persoa ou entidade solicitante ou a cada un dos socios da comunidade de bens, se é o caso:

a) DNI/NIE da persoa solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da persoa ou entidade solicitante.

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

g) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

i) Certificado da renda da persoa solicitante do último exercicio ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos socios da comunidade de bens.

l) Certificado de domicilio fiscal da persoa ou entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo II) ou no de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo III) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades solicitantes deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados telematicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Artigo 7. Resolución

1. Unha vez verificado o cumprimento pola solicitude dos requisitos establecidos nestas bases, a persoa titular da Dirección da Área de Investimento elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, que resolverá por delegación do Consello de Dirección.

A persoa titular da Dirección da Área de Investimento é o órgano competente para resolver o arquivamento, as desistencias e a renuncia de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.

2. Na resolución de concesión farase constar o importe da operación, o seu prazo de vixencia e carencia, así como a axuda en forma de garantía polo reaval que se prestará á SGR e/ou en forma de subsidiación de gastos financeiros.

3. Na resolución denegatoria farase constar o motivo da denegación. Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007.

4. De acordo coas características do programa, o procedemento de concesión tramitarase en concorrencia non competitiva. As solicitudes resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas, circunstancia que se publicará mediante resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es. O esgotamento do crédito levará á inadmisión de posteriores solicitudes.

Artigo 8. Notificación, silencio administrativo e recursos

1. O Igape notificaralle ao solicitante, á entidade de crédito e á SGR a concesión ou denegación da operación, de acordo co establecido no artigo 24 da Lei 9/2007. A notificación efectuarase só por medios electrónicos nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace de tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. En tal caso, farase constar no expediente tal circunstancia e darase por efectuada a notificación.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, o Igape efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. O prazo máximo para notificar a resolución do procedemento será o establecido na resolución da convocatoria. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015. Transcorrido tal prazo sen que se notifique resolución expresa, poderá entenderse desestimada.

3. As resolucións ditadas ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, se for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Investimento, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape. En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será un mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de acordo co establecido nestas bases reguladoras se produza o acto presunto.

Artigo 9. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (en diante, Lei 1/2016), e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. De acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 1149/2011, do 29 de xullo, polo que se establece e regula o rexistro español de axudas de minimis no sector pesqueiro (BOE núm. 223, do 16 de setembro), no caso de que o beneficiario sexa unha empresa do sector pesqueiro, o Igape publicará a subvención concedida ao abeiro destas bases no citado rexistro expresando a información a que se fai referencia no anexo I deste real decreto.

Artigo 10. Formalización da operación financeira

1. Unha vez recibida a solicitude no Igape, este poderá autorizar a formalización da operación financeira, previamente á resolución de concesión. A dita autorización comunicarase á SGR a través da extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es), de acordo co establecido no artigo 4.5 das presentes bases.

a) A formalización da operación financeira antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión solicitada.

b) No contrato de financiamento formalizado anticipadamente de acordo co previsto na alínea anterior deberanse mencionar, polo menos, os seguintes aspectos: que se presentou a solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto, e que o préstamo quedará acollido ás axudas establecidas nas presentes bases nos termos e condicións establecidas na resolución de concesión que, no seu día, se dite. Ademais, o contrato deberá indicar as condicións financeiras non suxeitas a estas bases, para o caso de que o Igape resolva denegatoriamente.

c) No suposto de que a resolución de concesión que, se é o caso, se dite, recolla unhas condicións diferentes das indicadas na autorización de formalización anticipada, deberá incluírse un anexo ao documento de préstamo, intervido por fedatario público, no cal se fagan constar as características establecidas na dita resolución.

2. Se a operación financeira se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recoller a mención de estar acollido ás axudas previstas nestas bases.

3. O prazo máximo para a formalización da operación financeira ou, se é o caso, para a adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión do Igape, será de 2 meses contados desde o día seguinte ao da data de notificación da concesión ao beneficiario.

Finalizado o dito prazo sen que se formalizase ou adaptase a operación, ditarase resolución que dea a solicitante por renunciado e ordene o arquivamento do expediente, salvo que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da SGR e da entidade de crédito, o Igape autorice a dita prórroga.

4. Non será necesaria a formalización contractual do reaval, abonda para obrigar ao Igape e á entidade beneficiaria do reaval a resolución de concesión e a formalización do aval coa SGR. A póliza de aval que se formalice entre a SGR e a empresa avalada deberá facer constar a existencia do reaval do Igape e as súas características.

5. No documento de aval en que se instrumente a garantía da SGR deberá figurar o apoio do Igape para a concesión da operación e incluírse o logotipo da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Disposición e utilización

Disporase dos fondos do préstamo e/ou garantía para os destinos previstos para cada modalidade de financiamento incluída no anexo I das presentes bases e especificados na resolución de concesión.

O período de disposición e utilización dos fondos iniciarase na data de formalización da operación e finalizará coa primeira amortización ou cancelación da operación salvo que, no anexo I se especifiquen prazos específicos dentro de cada modalidade.

Artigo 12. Xustificación

1. Dentro dos prazos previstos para cada liña de financiamento no anexo I, os beneficiarios deberán presentar a xustificación das finalidades a que foron aplicadas.

Para iso deberán cubrir previamente o formulario electrónico de xustificación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberanse cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL), que identificará univocamente a solicitude de xustificación que, no caso de subvención de gastos financeiros, será tamén solicitude de cobramento.

A solicitude de xustificación presentarase mediante o formulario normalizado que a título informativo figura como anexo IV a estas bases, que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e no cal será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento realizado para o efecto.

Unha vez xerada a solicitude de xustificación, que no caso das axudas en forma de subsidiación de gastos financeiros será tamén solicitude de cobramento, o beneficiario deberá presentala por vía electrónica.

2. Para axudas de importe inferior a 30.000 €, o sistema de xustificación será a conta xustificativa simplificada prevista no artigo 51 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007 (en diante, Decreto 11/2009), incluíndo no formulario de xustificación os datos exixidos no devandito artigo.

O Igape poderá requirirlles aos beneficiarios a remisión dos xustificantes das finalidades dos préstamos seleccionados con base en técnicas de mostraxe e comprobará para estes efectos polo Igape un mínimo do 10 % dos expedientes.

Cando das comprobacións realizadas non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda, o Igape procederá a requirirlles aos beneficiarios a totalidade dos documentos xustificativos sinalados no anexo I para as distintas liñas de financiamento.

3. Para axudas de importe superior a 30.000 €, e de conformidade co artigo 28 da Lei 39/2015, os beneficiarios deberán achegar xunto coa solicitude de xustificación, que no caso de axudas en forma de subsidiación de gastos financeiros será tamén solicitude de cobramento, as copias dixitalizadas do contrato de financiamento e da documentación xustificativa relacionada para cada liña de financiamento no anexo I. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitarlle de maneira motivada que presente unha copia autenticada electrónica.

4. O Igape remitirá á SGR correspondente os formularios de xustificación, xunto coa documentación xustificativa se é o caso presentada, por vía electrónica, a través da extranet de entidades colaboradoras. As SGR revisarán os formularios e a documentación xustificativa, e comunicarán ao Igape por vía electrónica, se é o caso, a información e/ou documentación que falta, así como a validación do grao de cumprimento/non cumprimento da finalidade da axuda, no prazo máximo de 30 días desde a recepción da documentación.

Artigo 13. Pagamento das subvencións dos gastos financeiros

Para as liñas de financiamento do anexo I que recollan esta modalidade de axuda, unha vez completada a xustificación conforme o sinalado no artigo 12 anterior, o Igape procederá ao pagamento da subvención.

En calquera caso, o réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007.

Artigo 14. Procedemento en caso de execución dos reavais do Igape

1. No caso de falta de pagamento por parte do titular do préstamo, e tras un período de 180 días desde o primeiro incumprimento atendido pola SGR, en que tanto a entidade de crédito como a SGR efectuasen as oportunas xestións para a súa regularización, será suficiente o requirimento escrito da entidade de crédito prestamista á SGR para que esta liquide o capital pendente de amortizar, máis os xuros de mora xerados, calculados a un tipo que non poderá superar en 4 puntos o tipo máximo de xuro, se é o caso, establecido no anexo I para a respectiva modalidade de liña de financiamento.

2. A SGR non aboará os xuros de mora se realiza o pagamento dentro do prazo de cinco días hábiles contados desde a notificación do requirimento escrito da entidade de crédito.

3. Unha vez que a operación resultase falida, a SGR deberá comunicar ao Igape tal circunstancia. Logo desta comunicación, o Igape recoñecerá as obrigas de pagamento correspondentes aos falidos comunicados no mes anterior, e procederá no mesmo momento ao pagamento das obrigas recoñecidas, con cargo aos seus propios orzamentos.

4. As SGR obríganse á execución dos bens e dereitos do prestameiro, asumindo os gastos do proceso e reintegrando ao Igape as cantidades que procedan segundo o establecido no punto seguinte.

5. O Igape participará no recobramento da SGR proporcionalmente ao risco reavalado, unha vez deducidos os gastos do proceso por ela soportados, así como nos importes obtidos na transmisión dos bens ou dereitos adxudicados en pagamento de débedas que teñan a súa orixe en operacións reavaladas, xa sexa en virtude de acordos extraxudiciais (dacións en pagamento, cesión de bens, permutas, etc.) ou por procedementos xudiciais.

Ao final de cada exercicio económico, as SGR ingresarán ao Igape, na conta que este designe, os importes que lle correspondan segundo o previsto no parágrafo anterior, con indicación da operación a que corresponde, o importe obtido polo recobramento ou pola transmisión, así como un detalle do cálculo do importe resultante que se ingresará ao Igape.

6. Nas liñas de financiamento recollidas no anexo I en que o aval da SGR non acade o 100 % do risco, as entidades de crédito obríganse así mesmo á execución dos bens e dereitos do beneficiario, asumindo os gastos do proceso e reintegrando ao Igape proporcionalmente ao risco reavalado, unha vez deducidos os gastos do proceso por ela soportados, nos termos indicados nos anteriores números 4 e 5.

Artigo 15. Información periódica. Custodia da documentación

1. As SGR remitirán trimestralmente ao Igape unha relación dos avais en vigor outorgados ao abeiro destas bases reguladoras, detallando polo menos, para cada un deles, os seguintes datos: nº de expediente, beneficiario, importe formalizado, risco en vigor, risco avalado por CERSA e, se é o caso, risco avalado por outras entidades, importe incurso en morosidade, provisións dotadas e, de ser o caso, importe considerado falido.

2. As SGR terán que custodiar e ter á disposición do Igape toda a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos necesarios para a concesión do reaval e/ou subsidiación de gastos financeiros, e a que reflicta as incidencias sobrevidas nas operacións reavaladas e/ou subsidiadas, especialmente, a establecida nestas bases, durante un período de catro anos desde a súa cancelación.

Artigo 16. Modificacións

1. O beneficiario queda obrigado a comunicarlle ao Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente á execución dos fins para os que foi concedida a axuda. En particular, deberá remitir unha declaración complementaria das axudas recibidas para a mesma operación no momento en que sexa comunicada calquera concesión e sempre coa presentación da solicitude de xustificación e/ou cobramento.

A obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, ou a súa revogación, no caso de que os ditos cambios supoñan o incumprimento dos requisitos establecidos para os proxectos ou para o beneficiario.

2. O beneficiario da axuda poderá solicitar, de forma motivada, a modificación da resolución con carácter previo á formalización da operación.

3. No caso de que a modificación afecte os datos declarados no formulario, deberá cubrir previamente un novo formulario na aplicación informática e obter un novo código IDE. Este IDE incluirase na solicitude de modificación que se dirixirá á persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

4. A persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección, poderá acordar as modificacións da resolución nos aspectos tidos en conta para a concesión da axuda relativos ao importe e características do préstamo atendible, importe, se é o caso, reavalado e titularidade, sempre que a modificación non prexudique terceiros, e que os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

O cambio de beneficiario deberá acreditarse documentalmente, así como a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados da actuación apoiada e, especificamente, da operación obxecto de axuda. Presentarase a solicitude asinada polo novo titular, xunto co consentimento do anterior beneficiario.

En ningún caso a resolución de modificación implicará aumentar a contía da axuda inicialmente aprobada.

5. Unha vez formalizada a operación só se admitirán solicitudes de modificación relativas ao troco de titularidade, sen prexuízo do disposto no seguinte punto.

6. No caso de modificacións das condicións da operación financeira unha vez formalizada, por parte da entidade de crédito e/ou da SGR, que supoñan unha mellora solicitada pola empresa (carencia intermedia, diferencial, etc.), poderá levarse a cabo sen autorización previa do Igape. Con todo, a SGR e/ou a entidade de crédito deberán comunicar a súa conformidade. As ditas modificacións non suporán, en ningún caso, a modificación da resolución de concesión nin a revisión á alza das axudas concedidas.

7. O Igape poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 17. Reintegros, incumprimentos e sancións

1. Procederá o reintegro por parte do beneficiario do compoñente de axuda en forma de garantía ou subsidiación concedidos con motivo da súa operación de préstamo, xunto cos xuros de mora xerados desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento total:

1º. Con carácter xeral, se o incumprimento nos destinos da operación financeira supón un importe atendible inferior ao mínimo establecido nestas bases reguladoras, deberán reintegrarse todas as cantidades concedidas en concepto de compoñente de axuda de garantía e/ou aboadas en concepto de subsidiación de gastos financeiros, e os seus xuros de mora.

2º. Obter a axuda sen reunir as condicións requiridas nas bases reguladoras.

3º. Cando non permitan someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas.

b) Incumprimento parcial:

Sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro de xeito proporcional aos destinos da operación financeira deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados na resolución de concesión. Deberá reintegrarse a cantidade correspondente ao compoñente de axuda en forma de garantía e/ou subsidiación de gastos financeiros, na dita proporción, e segundo os seguintes criterios:

1º. No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base de cálculo da axuda, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados inicialmente. Se for o caso, deberanse reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % do proxecto financiado, entenderase que o dito incumprimento é total e deben reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de mora.

2º. Non manter a vixencia da operación financeira reavalada durante o período inicialmente establecido na escritura de formalización suporá o reintegro do importe correspondente á seguinte gradación:

Se se amortizase totalmente o préstamo durante o primeiro cuarto da vida do préstamo, suporía a devolución do 90 % da axuda.

Se se amortizase totalmente o préstamo durante o segundo cuarto da vida do préstamo, suporía a devolución do 40 % da axuda.

Se se amortizase totalmente o préstamo durante o terceiro cuarto da vida do préstamo, suporía a devolución do 20 % da axuda.

2. Procederá o reintegro, total ou parcial, por parte das SGR da compensación devindicada ao seu favor segundo o artigo 21 destas bases, no suposto do incumprimento das condicións impostas na resolución de concesión, nas bases reguladoras e no convenio de colaboración, respecto das características e tipo de xuro e comisións da operación de préstamo.

3. O procedemento para declarar o incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ao disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009, e a persoa titular da Dirección Xeral do Igape é competente para a súa resolución.

Contra a súa resolución caberá recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela nos dous meses seguintes á súa notificación e, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape no mes seguinte á súa notificación.

4. Sen prexuízo do establecido nos números anteriores, os beneficiarios, as entidades de crédito e as SGR colaboradoras sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no título IV da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 18. Modificación das condicións financeiras e comisións de aval en caso de incumprimento

As SGR e as entidades de crédito poderán pactar nas correspondentes pólizas e contratos de garantía que sexan de aplicación diferentes condicións ás estipuladas nestas bases, no suposto de que o Igape resolva o incumprimento de condicións do prestameiro.

Artigo 19. Control

Tanto as SGR como as entidades de crédito adheridas e os beneficiarios das operacións de financiamento quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que se efectúen por parte do Igape ou polos órganos internos ou externos de control da Comunidade Autónoma de Galicia, para verificar o cumprimento dos requisitos e finalidades das operacións financeiras acollidas a estas bases.

Artigo 20. Sinatura do convenio das SGR colaboradoras e adhesión de entidades de crédito

1. O Igape convidará a adherirse ao convenio, no cal se regulen os compromisos das partes, as SGR domiciliadas en Galicia e todas aquelas entidades de crédito que, tendo acreditada unha presenza significativa en Galicia, así como a súa solvencia (a solvencia entenderase acreditada se prestaron servizos financeiros para o financiamento das pequenas e medianas empresas durante os últimos tres anos e se comprometen a desenvolver os procedementos necesarios para o bo fin da tramitación das operacións, por todos os medios dispoñibles, humanos e técnicos, para facilitarlle o acceso a esta liña de financiamento), colaborasen co Igape nos seus programas de subsidiación de gastos financeiros de préstamos e créditos e noutros de apoio ao acceso ao financiamento. Así mesmo, poderán instar a súa adhesión todas aquelas entidades de crédito que, demostrando unha implantación significativa en Galicia, estean acreditadas polo Banco de España e dispoñan dos medios técnicos adecuados para asegurar a correcta tramitación dos expedientes conforme o establecido no convenio asinado para o efecto, nestas bases e nos seus anexos.

As ditas entidades xustificarán mediante declaración responsable o cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade colaboradora no artigo 10 da Lei 9/2007, asumindo as obrigas do artigo 12 do citado texto legal.

2. A adhesión formalizaranse mediante a sinatura, por apoderado con facultades suficientes, da declaración que se xunta como anexo VI a estas bases, que se deberá presentar a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, código de procedemento PE001. O Igape dará conta ao resto das entidades adheridas da existencia de cada novo partícipe no convenio e publicarao no Diario Oficial de Galicia.

3. As entidades colaboradoras adheridas ao convenio relaciónanse no anexo VI a estas bases e pode limitarse a adhesión a algunha das liñas de financiamento recollidas no anexo I, en cuxo caso se recollerá expresamente.

Artigo 21. Compensación á SGR

O Igape aboará ás SGR colaboradoras neste programa un 5,00 % da contía dos avais subvencionables que presten, e que sexan formalizados conforme as condicións establecidas nas correspondentes resolucións de concesión, en concepto de compensación económica segundo o previsto no artigo 13.2.m) da Lei 9/2007. As SGR colaboradoras deberán aplicar un mínimo do 50 % do total das compensacións recibidas neste programa ao seu fondo de provisións técnicas. O convenio de colaboración que para tal efecto se subscriba regulará o procedemento de liquidación desta achega.

Artigo 22. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, e o disposto no Decreto 11/2009, no Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulamento de avais do Igape, e nos decretos 132/1995, do 10 de maio, e 302/1999, do 17 novembro, que o modifican; no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014), no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019), e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, estarase ao disposto no artigo 30 da Lei 39/2015.

ANEXO I

Modalidades de liñas de financiamento

I.1. Préstamos avalados para o crecemento das pemes (Reaval Crecemento).

A) Obxecto.

Favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas.

B) Modalidade da axuda.

O Igape reavalará ata un máximo do 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, nos termos do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulamento de avais do Igape, e nos decretos 132/1995, do 10 de maio, e 302/1999, do 17 novembro, que o modifican, nos préstamos concedidos polas entidades de crédito adheridas.

C) Requisitos específicos da beneficiaria.

Ademais de cumprir os requisitos establecidos no artigo 2, para ser beneficiaria desta liña de financiamento, a titular deberá formalizar un préstamo que se avalará a longo prazo, que será aplicado do seguinte xeito:

C.1) Un mínimo do 40 % do seu principal será aplicado para financiar investimentos produtivos e/ou capital corrente.

i. Enténdese por investimentos produtivos a adquisición e/ou construción dos seguintes elementos:

i.a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministración de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, enxoval, outras instalacións, mobiliario, equipamentos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade.

Exclúense:

– Os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran para obter rendas, plusvalías ou ambas.

– Investimentos financeiros.

– A adquisición de elementos de transporte nas empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada. A prestación dun servizo integrado no que a operación de transporte só sexa un elemento, como os servizos de mudanza, os servizos de correo postal ou de mensaxería, ou os servizos de recollida e transformación de residuos, non debe considerarse un servizo de transporte e, polo tanto, non se aplica esta exclusión.

i.b) Bens intanxibles como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso, e aplicacións informáticas.

ii. Enténdese por capital corrente o pagamento dos seguintes conceptos de gasto: compras de materias primas, outros aprovisionamentos e mercadorías, gastos de persoal (soldos e salarios, indemnizacións, seguridade social e outros gastos sociais), impostos, arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, primas de seguros, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.

Tamén poderán computarse dentro deste límite o pagamento da comisión do aval, así como as achegas ao capital das SGR.

Os bens obxecto de investimento ou gasto deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de disposición e utilización dos fondos e debe constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas. Non obstante, poderán ser financiados os gastos de acondicionamento e mellora en locais en aluguer e/ou en réxime de concesión administrativa.

Os bens usados poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente que o prezo non supera o valor de mercado e é inferior ao custo de bens novos similares.

Os provedores e acredores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores.

C.2) Un máximo do 60 % poderá ser aplicado á cancelación de débedas con entidades financeiras non avaladas pola SGR que conceda a operación, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes modalidades:

– Pagamento de cotas de préstamos e leasing, incluíndo cotas ordinarias e amortizacións anticipadas. Non poderá aplicarse ás operacións concedidas por administracións ou entidades públicas, ou operacións con calquera tipo de aval público.

– Pagamento de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se manteñan abertas ata o seu vencemento.

C.3) Os préstamos tamén poderán destinarse á cancelación ou reestruturación de débedas bancarias avaladas pola SGR que conceda a operación. Os importes que se destinen a esta finalidade non se computarán para os efectos das porcentaxes sinaladas nas alíneas C.1) e C.2) anteriores, podendo aplicarse o 100 % do novo préstamo a esta finalidade.

No caso de que as operacións canceladas con este préstamo conten con subvención dos seus gastos financeiros por parte do Igape, a súa amortización total anticipada como consecuencia deste refinanciamento non suporá o seu reintegro.

Cando o refinanciamento se materialice sobre unha única operación avalada coas mesmas entidade de crédito e SGR avalista, en lugar de instrumentarse un novo préstamo, poderá formalizarse unha novación modificativa da operación preexistente.

D) Condicións das operacións financeiras.

D.1) Importe.

O importe do préstamo que se avalará será igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 1.000.000 €.

Un mesmo titular poderá presentar varias solicitudes de axuda ao abeiro deste punto I.1. Neste suposto acumularase o importe total do financiamento, que non poderá superar o límite de 1.000.000 € por convocatoria.

D.2) Prazo.

O prazo mínimo do préstamo que se avalará será de 3 anos e non superior a 10 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos. En calquera caso, a vixencia do reaval non superará os 7 anos.

D.3) Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo de, como máximo, o 3,0 %, ou variable co sistema de variación seguinte:

Tipo de referencia: será o euríbor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.

Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que, en ningún caso, poida exceder os 2,25 puntos porcentuais.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.

Se o euríbor ao prazo establecido deixase de determinarse, aplicarase o que legalmente o substitúa.

D.4) Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir por todos os conceptos na formalización será do 0,60 %. Para estas comisións a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50 % por todos os conceptos na formalización, sen prexuízo da comisión de aval, para a que poderán cobrar ata o 1,00 %, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e da achega ao capital social da SGR, pola que poderán cobrar ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado. Todos estes conceptos determinaranse e aboaranse ao inicio da operación, e poderán ser financiados co propio préstamo. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

D.5) Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100 % do risco. No caso de operacións de importe superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. Para estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular entenderanse realizadas en plural.

As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración.

As SGR poderán tomar adicionalmente garantías reais sempre que non recaian sobre activos líquidos ou financeiros, nos seguintes casos:

i. En operacións cunha duración superior a 7 anos e importe superior a 50.000 €, ou

ii. En operacións por importe superior a 300.000 €.

E) Disposición e utilización.

O período de disposición e utilización dos fondos do préstamo iniciarase na data de formalización da operación e finalizará na primeira das dúas seguintes datas:

– Un ano desde a data de formalización.

– A primeira amortización.

Poderán pagarse con cargo aos fondos do préstamo gastos e investimentos anteriores á data de formalización do préstamo, sempre que se atopen pendentes de pagamento dentro do período de disposición e utilización.

F) Xustificación de finalidades.

A xustificación de finalidades do préstamo prevista no artigo 11 das bases deberá presentarse no prazo de 15 días hábiles seguintes á total utilización do préstamo. Para o caso das operacións que xa se atopasen utilizadas na data de notificación da resolución de concesión, por terse formalizado previamente de acordo co previsto no artigo 9.1 das bases, o prazo de 15 días hábiles comezará o día seguinte ao da recepción da notificación.

Para axudas de importe superior a 30.000 €, e para aquelas que resultando de importe inferior non se acade evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda, coa forma e o procedemento descrito no artigo 11, deberá achegarse a seguinte documentación dixitalizada xustificativa da aplicación do préstamo:

– Extracto da conta bancaria en que se aboase o importe do préstamo, comprensivo do período comprendido entre a primeira disposición ata a total utilización do saldo disposto para a súa aplicación ás finalidades.

– Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto pagado cos recursos procedentes do préstamo.

– Nóminas e xustificantes dos importes correspondentes a retencións e ingresos á conta do IRPF e Seguridade Social afrontados co préstamo.

– Xustificantes bancarios de pagamento de todos os gastos e investimentos pagados co préstamo.

– Certificación da entidade financeira correspondente á cancelación das débedas reestruturadas.

– Certificado de taxador independente dos bens de segunda man, se é o caso.

I.2. Operacións avaladas para o financiamento de tráfico comercial (Reaval Funcionamento).

A) Obxecto.

Favorecer o acceso a novo financiamento operativo, para o tráfico comercial das pemes galegas mediante liñas de crédito específicas para adianto de efectos comerciais e facturas, pólizas de pagamentos a provedores e pólizas de comercio exterior.

As liñas de financiamento acollidas a esta modalidade deberán ser novas e adicionais ás que a titular xa dispoña, excluíndose expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes.

B) Modalidade da axuda.

O Igape reavalará ata o 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, nos termos do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulamento de avais do Igape, e nos decretos 132/1995, do 10 de maio, e 302/1999, do 17 novembro, que o modifican, nas liñas específicas de financiamento concedidas polas entidades de crédito adheridas.

C) Requisitos específicos da beneficiaria.

Ademais de cumprir os requisitos establecidos no artigo 2, para ser beneficiaria desta liña de financiamento, a titular deberá formalizar un novo contrato de financiamento, que non implique a substitución doutro preexistente, nalgunha das seguintes modalidades:

1) Liñas de crédito para o adianto de efectos comerciais e facturas, garantindo o bo fin de letras de cambio, cheques, notas promisorias, recibos, facturas, certificacións de obra, e demais documentos civís, mercantís e administrativos, que a entidade financeira desconte, negocie ou anticipe e nos que a titular figure como librador ou beneficiario.

2) Liñas de crédito comercio exterior, garantindo o completo pagamento das obrigas procedentes de operacións de comercio exterior que os titulares contraian coa entidade financeira, tales como créditos documentarios, cartas de crédito, prefinanciamento e financiamento de exportacións, financiamento de importacións, etc.

3) Liñas de xestión do pagamento das compras ou confirming, anticipando as entidades de crédito os pagamentos aos provedores.

As liñas de crédito avaladas deberán ser específicas para algunha das modalidades sinaladas, de xeito que a entidade financeira dispoña dunha conta específica ou rexistro separado en que se recollan exclusivamente as operacións amparadas no contrato de financiamento.

D) Condicións das operacións financeiras.

D.1) Importe.

O importe da liña de financiamento que se avalará será igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 600.000 €.

Un mesmo titular poderá presentar varias solicitudes de axuda ao abeiro deste anexo I.2, en distintas modalidades e/ou en distintas entidades de crédito. Neste suposto acumularase o importe total do financiamento, que non poderá superar o límite de 600.000 € por convocatoria.

O límite superior indicado nos dous parágrafos anteriores será de 1.000.000 € nas operacións concedidas a pemes do sector audiovisual. Para os efectos destas bases, considéranse incluídas no sector audiovisual as empresas que desenvolvan as seguintes actividades:

CNAE 5912 Actividades de posprodución cinematográfica, de vídeo e de programas de televisión.

CNAE 5914 Actividades de exhibición cinematográfica.

CNAE 5915 Actividades de produción cinematográfica e de vídeo.

CNAE 5916 Actividades de producións de programas de televisión.

D.2) Prazo.

O prazo mínimo do aval da SGR contragarantido polo Igape será de 3 anos e non superior a 5 anos, sen prever a posibilidade de prórroga na vixencia. As liñas de financiamento garantidas pola SGR poderán ser a prazos inferiores renovables.

As operacións destinadas a financiar producións audiovisuais dos sectores relacionados na alínea D.1) anterior poderán ter un prazo de entre 1 e 5 anos.

D.3) Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo de, como máximo, o 4,0 %, ou variable co sistema de variación seguinte:

Tipo de referencia: será o euríbor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.

Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que, en ningún caso, poida exceder os 3,25 puntos porcentuais.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.

Se o euríbor ao prazo establecido deixase de determinarse, aplicarase o que legalmente o substitúa.

D.4) Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir por todos os conceptos na formalización será do 0,60 %. Para estas comisións a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrarlle ao cliente ata o 0,50 % por todos os conceptos na formalización, sen prexuízo da comisión de aval, para a que poderán cobrar ata o 1,00 %, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e da achega ao capital social da SGR, pola que poderán cobrar ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado. Todos estes conceptos determinaranse e aboaranse ao inicio da operación. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

As restantes comisións vinculadas ás operacións serán as pactadas polas partes.

D.5) Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 70 % do risco, agás nas operacións destinadas a financiar producións audiovisuais dos sectores relacionados na alínea D.1) anterior, en que o aval acadará o 100 %. No caso de operacións de importe superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. Para estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular entenderanse realizadas en plural.

As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración. Tamén poderán garantirse co peñoramento ou endoso dos dereitos de cobramento que coa operación sexan anticipados.

D.6) Aspectos a recoller no contrato de financiamento.

Ademais do recollido no artigo 9, para os contratos de financiamento recollidos neste anexo I.2, deberá figurar que o financiamento outorgado é adicional aos riscos previamente asumidos pola entidade financeira co titular, e que non suporá a cancelación doutros contratos de financiamento preexistentes coa mesma finalidade.

E) Disposición e utilización.

O período de disposición e utilización dos fondos do contrato de financiamento iniciarase na data de formalización da operación e finalizará coa primeira amortización ou cancelación da operación, co límite máximo do 15 de setembro de 2022 para as operacións destinadas a financiar producións audiovisuais dos sectores relacionados na alínea D.1) anterior.

F) Documentación específica para presentar xunto á xustificación.

A xustificación de finalidades do préstamo prevista no artigo 11 das bases deberá presentarse tralo transcurso das dúas primeiras anualidades de vixencia da operación financeira, e ao vencemento final desta, en ambos os casos no prazo de 15 días hábiles desde a data respectiva. Non obstante, nas operacións destinadas a financiar producións audiovisuais dos sectores relacionados na alínea D.1) anterior, a xustificación de finalidades deberá presentarse con data límite do 30 de setembro de 2023.

Para axudas de importe superior a 30.000 €, e para aquelas que resultando de importe inferior non se acade evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda, coa forma e o procedemento descrito no artigo 11, deberán achegar a seguinte documentación dixitalizada xustificativa da aplicación da operación:

– Para as liñas de desconto comercial e factoring: extracto bancario que relacione a totalidade de documentos anticipados ao titular con cargo á liña de financiamento facilitada, especificando importes, clientes ou librados, data do desconto e data de vencemento.

– Para as liñas de comercio exterior: extracto bancario que relacione as obrigas contraídas coa entidade por operacións de comercio exterior con cargo á liña de financiamento facilitada, especificando importes, datas da operación, vencementos, conceptos e terceiros beneficiarios.

– Para as liñas de xestión do pagamento das compras ou confirming: extracto bancario que relacione os pagamentos aos provedores confirmados ou anticipados, con indicación de importes, datas da operación, vencementos e terceiros beneficiarios.

I.3. Garantías ante terceiros vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos (Reaval Garantías).

A) Obxecto.

Favorecer a capacidade das pemes para outorgar garantías fronte a terceiros, nalgunha das seguintes modalidades:

1. Avais financeiros para garantir obrigas derivadas de contratos de tráfico comercial, anticipos de contratos, entregas á conta para instalacións ou subministracións.

2. Avais non financeiros ante terceiros. Avais técnicos ante empresas privadas para garantir a boa execución de obras ou servizos.

3. Avais vinculados a licitacións internacionais. Avais en garantía de contratos no estranxeiro.

As liñas de financiamento acollidas a esta modalidade deberán ser novas e adicionais ás que a titular xa dispoña, excluíndose expresamente a substitución de liñas preexistentes coa mesma finalidade.

B) Modalidade da axuda.

O Igape reavalará ata o 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, nos termos do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulamento de avais do Igape, e nos decretos 132/1995, do 10 de maio, e 302/1999, do 17 novembro, que o modifican, nas liñas específicas de avais concedidas polas entidades de crédito adheridas ou nas liñas de avais prestados polas SGR directamente ante terceiros.

C) Requisitos específicos da beneficiaria.

Ademais de cumprir os requisitos establecidos no artigo 2, para ser beneficiaria desta liña de financiamento, a titular deberá formalizar un novo contrato de financiamento, polo que se estableza unha liña de avais e fianzas prestadas pola entidade de crédito ou SGR en garantía ante terceiros, vinculadas ao cumprimento de contratos, operacións de tráfico ou avais técnicos.

As liñas de crédito avaladas deberán ser específicas para algunha das modalidades sinaladas, de xeito que a entidade financeira dispoña dunha conta específica ou rexistro separado en que se recollan exclusivamente as operacións amparadas no contrato de financiamento.

D) Condicións das operacións financeiras.

D.1) Importe.

O importe da liña de financiamento que se avalará será igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 1.000.000 €.

Un mesmo titular poderá presentar varias solicitudes de axuda ao abeiro deste anexo I.3., en distintas modalidades e/ou en distintas entidades de crédito. Neste suposto acumularase o importe total do financiamento, que non poderá superar o límite de 1.000.000 € por convocatoria.

D.2) Prazo.

O prazo mínimo e vixencia da liña de garantías será de 3 anos e non superior a 5 anos, sen prever a posibilidade de prórroga na vixencia.

D.3) Comisións.

No caso de intervención dunha entidade de crédito, as comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir por todos os conceptos na formalización será do 0,60 %. Para estas comisións a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras. Non obstante o anterior, adicionalmente, poderán cobrar ata o 1,00 % en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50 % por todos os conceptos na formalización, sen prexuízo da comisión de aval, para a que poderán cobrar ata o 1,00 %, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e da achega ao capital social da SGR, pola que poderán cobrar ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado. Todos estes conceptos determinaranse e aboaranse ao inicio da operación. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

As restantes comisións vinculadas ás operacións serán as pactadas polas partes.

D.4) Garantías.

Os avais prestados polas SGR poderán ser a favor das entidades de crédito adheridas ao convenio, en contra garantía do risco que estas últimas asuman como primeiras avalistas, ou ben directamente a favor dun terceiro. Neste último caso, non serán de aplicación os procedementos de tramitación relacionados coas entidades de crédito colaboradoras.

A garantía a favor das entidades de crédito ou dos terceiros será o aval da SGR adherida ao convenio que, no caso de non intervención de entidade de crédito, será polo 100 % do risco. No caso de operacións de importe superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. Para estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular, entenderanse realizadas en plural.

As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración.

D.5) Aspectos que se recollerán no contrato de financiamento.

Ademais do recollido no artigo 9, para os contratos de financiamento recollidos neste anexo I.3, deberá figurar que o financiamento outorgado é adicional aos riscos previamente asumidos pola entidade financeira co titular, e que non suporá a cancelación doutros contratos de financiamento preexistentes coa mesma finalidade.

E) Documentación específica para presentar xunto coa xustificación.

A xustificación de finalidades prevista no artigo 11 das bases deberá presentarse tras o transcurso das dúas primeiras anualidades de vixencia da operación financeira, e ao vencemento final desta, en ambos os casos no prazo de 15 días hábiles desde a data respectiva.

Para axudas de importe superior a 30.000 €, e para aquelas que resultando de importe inferior non se acade evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda, coa forma e o procedemento descrito no artigo 11, deberán achegar a seguinte documentación dixitalizada xustificativa da aplicación da garantía:

– Documento bancario ou da SGR que relacione as garantías ante terceiros outorgadas pola entidade, vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos, con indicación de datas de emisión, datas de vencemento, importes e terceiros beneficiarios.

I.4. Préstamos avalados para financiar a operativa das pemes afectadas polas consecuencias económicas da invasión de Ucraína por Rusia (Reaval conflito Rusia-Ucraína).

A) Obxecto.

Favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para financiar a operativa das pemes galegas afectadas polos incrementos dos prezos de materias primas e subministracións como consecuencia da invasión de Ucraína por Rusia.

B) Modalidade da axuda.

O Igape reavalará ata un máximo do 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, nos termos do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulamento de avais do Igape, e nos decretos 132/1995, do 10 de maio, e 302/1999, do 17 novembro, que o modifican, nos préstamos concedidos polas entidades de crédito adheridas.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido, mentres non se esgote a dispoñibilidade orzamentaria e mentres a beneficiaria non supere o seu límite de axudas de minimis, un importe equivalente a 1,5 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade de financiamento.

C) Requisitos específicos da beneficiaria.

Ademais dos establecidos no artigo 2, para ser beneficiaria desta liña de financiamento, a titular deberá cumprir os seguintes requisitos:

1. Ter sido afectada polo incremento de prezos producido como consecuencia dos efectos da invasión de Ucraína por Rusia, dalgún dos seguintes xeitos:

a) O prezo unitario das materias primas adquiridas a terceiros non vinculados deberá terse incrementado en máis dun 50 % respecto ao prezo promedio pagado no ano 2021, con excepción das empresas con CNAE 47.3, comercio polo miúdo de combustible para a automoción en establecementos especializados, en que o incremento deberá ser, como mínimo, do 20 %.

b) O gasto en combustible e subministracións enerxéticas de 2021 deberá supoñer, como mínimo, o 25 % do importe neto da cifra de negocios.

O cumprimento deste requisito específico será acreditado mediante declaración responsable da peme solicitante de acharse nunha ou nas dúas situacións recollidas nas alíneas a) e b) anteriores.

2. Deberá formalizar un préstamo a longo prazo a avalar para o financiamento de:

C.1) Capital corrente, entendido este como o pagamento dos seguintes conceptos de gasto: compras de materias primas, outros aprovisionamentos e mercadorías, gastos de persoal (soldos e salarios, indemnizacións, seguridade social e outros gastos sociais), impostos, arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, primas de seguros, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.

Poderá ser aplicado, así mesmo, ao pagamento da comisión do aval, así como as achegas ao capital das SGR.

C.2) Investimentos en activos fixos produtivos sustentables para a mellora competitiva, que reduzan a dependencia de determinadas materias primas ou provedores, e/ou que melloren a eficiencia enerxética da actividade.

Os bens obxecto de investimento ou gasto deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de disposición e utilización dos fondos, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

Os bens usados poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente que o prezo non supera o valor de mercado e é inferior ao custo de bens novos similares.

Os provedores e acredores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores.

D) Condicións das operacións financeiras.

D.1) Importe.

O importe do préstamo que se avalará será igual ou superior a 3.000 € e igual ou inferior a 300.000 €.

Un mesmo titular poderá presentar varias solicitudes de axuda ao abeiro deste anexo I.4. Neste suposto acumularase o importe total do financiamento, que non poderá superar o límite de 300.000 € por convocatoria.

D.2) Prazo.

O prazo mínimo do préstamo que se avalará será de 3 anos e non superior a 7 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos.

D.3) Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo de, como máximo, o 3,0 %, ou variable co sistema de variación seguinte:

Tipo de referencia: será o euríbor a prazo de 6 meses. As revisións faranse semestralmente.

Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que, en ningún caso, poida exceder os 2,25 puntos porcentuais.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.

Se o euríbor ao prazo establecido deixase de determinarse, aplicarase o que legalmente o substitúa.

D.4) Subvención ao tipo de xuro.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a 1,5 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade, suxeito aos límites establecidos na alínea B) anterior e sen que poida exceder o montante total dos xuros xirados pola entidade de crédito.

A subvención que, se é o caso, sexa concedida será determinada no momento da concesión, e pagarase á beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento conforme o artigo 11 das bases reguladoras. No caso de amortización anticipada do préstamo, a titular deberá reintegrar ao Igape a diferenza entre os xuros aboados e o importe da subvención.

D.5) Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir por todos os conceptos na formalización será do 0,60 %. Para estas comisións a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 €. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobramento da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50 % por todos os conceptos na formalización, sen prexuízo da comisión de aval, para a que poderán cobrar ata o 1,00 %, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e da achega ao capital social da SGR, pola que poderán cobrar ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado. Todos estes conceptos determinaranse e aboaranse ao inicio da operación, e poderán ser financiados co propio préstamo. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

D.6) Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100 % do risco. No caso de operacións de importe superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida. Para estes efectos, todas as referencias destas bases ás operacións de aval e ás SGR descritas en singular, entenderanse realizadas en plural.

As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración. No caso de operacións por importe superior a 200.000 €, as SGR poderán tomar adicionalmente garantías reais, sempre que non recaian sobre activos líquidos ou financeiros.

E) Disposición e utilización.

O período de disposición e utilización dos fondos do préstamo iniciarase na data de formalización da operación e finalizará na primeira das dúas seguintes datas:

– Un ano desde a data de formalización.

– A primeira amortización.

Poderán pagarse con cargo aos fondos do préstamo gastos e investimentos anteriores á data de formalización do préstamo, sempre que se atopen pendentes de pagamento dentro do período de disposición e utilización.

F) Xustificación de finalidades.

A xustificación de finalidades do préstamo prevista no artigo 11 das bases deberá presentarse no prazo de 15 días hábiles seguintes á total utilización do préstamo. Para o caso das operacións que xa se atopasen utilizadas na data de notificación da resolución de concesión, por terse formalizado previamente de acordo co previsto no artigo 9.1 das bases, o prazo de 15 días hábiles comezará o día seguinte ao da recepción da notificación.

Para axudas de importe superior a 30.000 €, e para aquelas que resultando de importe inferior non se acade evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda, coa forma e o procedemento descrito no artigo 11, deberá achegarse a seguinte documentación dixitalizada xustificativa da aplicación do préstamo:

– Extracto da conta bancaria en que se aboase o importe do préstamo, comprensivo do período comprendido entre a primeira disposición ata a total utilización do saldo disposto para a súa aplicación ás finalidades.

– Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionalas co gasto pagado cos recursos procedentes do préstamo.

– Nóminas e xustificantes dos importes correspondentes a retencións e ingresos á conta do IRPF e Seguridade Social afrontados co préstamo.

– Xustificantes bancarios de pagamento de todos os gastos e investimentos pagados co préstamo.

– Certificado de taxador independente dos bens de segunda man, se é o caso.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

RELACIÓN DE SOCIEDADES DE GARANTÍA RECÍPROCA E ENTIDADES DE CRÉDITO ADHERIDAS

IG535A - MARCO DE APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS (FINANCIAMENTO IGAPE-PEMES)

Cooperativas de crédito

Bancos

SGR

– Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega

– Abanca Corporación Bancaria, S.A.

– Banco Santander, S.A.

– Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

– Banco de Sabadell, S.A.

– Afianzamientos de Galicia, Sociedad de Garantía Recíproca (Afigal, S.G.R.)

– Sociedad de Garantía Recíproca de la Pequeña y Mediana Empresa de Pontevedra y Ourense (Sogarpo, S.G.R.)