Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á Resolución do 5 de abril de 2022, de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada a Masol Iberia Biofuel, S.L.U. para a súa planta de produción e almacenamento no concello de Ferrol (A Coruña) (expediente 2021-IPPC-M-34).

De conformidade co disposto nos artigos 10.2 e 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción e almacenamento de biodiésel, glicerina, ácidos graxos e gomas, a partir de aceites vexetais

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Masol Iberia Biofuel, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2015-IPPC-I-6

Localización: concello de Ferrol (A Coruña)

Expediente: 2021-IPPC-M-34

Esta resolución poderase consultar en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático