Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24535

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 23 de decembro de 2021 (código de procedemento SI427A).

Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 11, do 18 de xaneiro de 2022), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2022 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo o artigo 14.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 12.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que se indican no anexo I pola contía resultante logo da aplicación do establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras, por un importe total de 1.395.084,17 euros, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a seguir:

Aplicación

Código proxecto

Importe

11.02.313B.481.2

2021 00062

1.395.084,17

Estas axudas están financiadas con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedan na lista de espera segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

Terceiro. Excluír as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 14.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, nestas axudas é posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superen o custo das accións subvencionadas.

Se a actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de achegas das participantes, taxas de inscrición, matrículas, ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable no momento da concesión da axuda, en atención aos declarados na solicitude de subvención. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fixesen constar na solicitude ou fosen superiores aos declarados nela, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 19 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

Sétimo. No artigo 21 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, no seu caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

Oitavo. Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Noveno. De acordo co establecido no artigo 18.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 90 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da resolución de concesión. As entidades beneficiarias quedan exoneradas da obriga de constituír garantías.

O 10 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas.

Décimo. O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de outubro de 2021 e ata o 31 de agosto de 2022, ambos os dous incluídos.

Undécimo. A data límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da subvención é o 12 de setembro de 2022.

Duodécimo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Nº de expediente

Entidade

(por número de expediente)

NIF

Programa subvencionado

Custos directos de persoal

Total gasto subvencionable (custos directos persoal + 20 % custos indirectos)

Puntos

Importe concesión

SI427A-2022-00000002-00

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Briana

34.234,28

41.081,14

77

32.864,91

SI427A-2022-00000003-00

Asociación Participacción

G32477127

Abrindo cancelas con flores

8.360,00

10.032,00

83

8.025,60

SI427A-2022-00000004-00

Asociación Red Madre Ourense

G32394082

Proxecto nais e fillos

19.291,14

23.149,37

82

18.519,50

SI427A-2022-00000007-00

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Proxecto E.V.A. (emprego-visibilidade-autonomía)

35.805,68

42.966,82

79

34.373,46

SI427A-2022-00000009-00

Asociación Pro Salud Mental A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres con doenzas mentais procedentes do medio rural

10.864,84

13.037,81

66

9.126,47

SI427A-2022-00000010-00

Asociación Íntegro para la Diversidad Funcional de las Comarcas de Bergantiños Terra de Soneira

G15173263

PIMD rural

19.668,45

23.602,14

79

18.881,71

SI427A-2022-00000012-00

Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi)

G36802536

Ti podes

26.312,65

31.575,18

78

25.260,14

SI427A-2022-00000014-00

Asociación Alume Saúde Mental

G27198977

Programa pluriasistencial de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade con enfermidade mental

31.754,11

38.104,93

71

26.673,45

SI427A-2022-00000016-00

Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza

G36527745

Ollando cara o futuro III

12.022,40

14.426,88

74

10.098,82

SI427A-2022-00000017-00

Asociación Amicos

G15747678

Programa mulleres, discapacidade e prevención de maltrato

40.000,00

48.000,00

66

33.600,00

SI427A-2022-00000019-00

Asociación Aliad Ultreia

G27021120

Programa Senlleiras

33.324,17

39.989,00

90

35.990,10

SI427A-2022-00000020-00

Asociación Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

Atención integral para a promoción da autonomía das mulleres no rural con trastorno mental 2022

14.130,53

16.956,64

72

11.869,65

SI427A-2022-00000022-00

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

G70480595

Programa Daleth 2021/2022 para mulleres en situación de especial vulnerabilidade: Bolboretas 6.0

39.994,00

47.992,80

73

33.594,96

SI427A-2022-00000024-00

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras demencias de Galicia -Afaga Alzheimer

G36776920

Programa de atención integral a mulleres coidadoras de persoas con demencia

39.982,22

47.978,66

71

33.585,06

SI427A-2022-00000026-00

Federación Escolas Familiares Agrarias Galicia-EFA Galicia

G15299357

Mulleres con proxecto-SEAP (servizo de emprendemento e asesoramento personalizado)

4.677,42

5.612,90

80

4.490,32

SI427A-2022-00000027-00

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia-Feafes Galicia

G15545353

Atención integral a mulleres con problemas de saúde mental en situación de vulnerabilidade

35.838,17

43.005,80

72

30.104,06

SI427A-2022-00000029-00

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

Diversas pero iguais VII

13.594,96

16.313,95

73

11.419,77

SI427A-2022-00000030-00

Cáritas Diocesanas de Ourense

R3200098F

Garatuxa

16.655,33

19.986,40

71

13.990,48

SI427A-2022-00000032-00

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

G27119809

Atención integral a mulleres en situación pre-intra e post-penitenciaria e familias afectadas

38.925,00

46.710,00

84

37.368,00

SI427A-2022-00000034-00

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

Mulleres teimudas: apoio na etapa adulta ás mulleres coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual

16.837,75

20.205,30

66

14.143,71

SI427A-2022-00000036-00

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-Femuro

G32237869

Tecendo oportunidades

13.076,47

15.691,76

83

12.553,41

SI427A-2022-00000037-00

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Atención psicosocial a mulleres xestantes e/ou con nenos/as menores de dous anos

47.008,68

56.410,42

66

39.487,29

SI427A-2022-00000038-00

Asociación Down Ourense

G32311870

Programa de atención integral dirixida a mulleres con discapacidade intelectual e Síndrome de Down para favorecer a súa inclusión no entorno

22.159,80

26.591,76

66

18.614,23

SI427A-2022-00000039-00

ONG Mestura

G15940414

Programa Neneiras

34.175,39

41.010,47

84

32.808,38

SI427A-2022-00000041-00

Asociación saúde mental A Mariña

G27262799

Coidando de min VI

15.577,80

18.693,36

66

13.085,35

SI427A-2022-00000046-00

Asociación Galega para axuda dos enfermos con demencia tipo Alzheimer-Agadea

G15483498

Mulleres coidadoras na igualdade

8.489,36

10.187,23

66

7.131,06

SI427A-2022-00000047-00

Asociación familiares enfermos Alzheimer Chantada

G27320225

Gabinete de apoio á muller coidadora

28.101,32

33.721,58

71

23.605,11

SI427A-2022-00000048-00

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

Programa de mediación intercultural para mulleres Concepción Arenal

67.197,13

80.636,56

71

40.000,00

SI427A-2022-00000051-00

Federación Agrupación de Asociacións de veciños do rural e periferia do Concello de Ourense Miño

G32408023

Rede veciñal de mulleres

20.043,98

24.052,78

83

19.242,22

SI427A-2022-00000052-00

Asociación Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (Bumei)

G27441153

PRIAPE para mulleres en situación de vulnerabilidade. Muller: o teu traballo, a túa liberdade

32.727,32

39.272,78

83

31.418,22

SI427A-2022-00000054-00

Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

Recursos integrais de atención personalizada e grupal de mulleres con Síndrome de Down e discapacidade

33.336,60

40.003,92

66

28.002,74

SI427A-2022-00000055-00

Asociación de ayuda a los toxicómanos Érguete

G36642726

Intervención dende unha perspectiva de xénero con mulleres reclusas ou exreclusas Mírate

40.043,54

48.052,25

80

38.441,80

SI427A-2022-00000056-00

Asociación Red Madre Pontevedra

G27707686

Proxecto nais e fill@s

22.725,36

27.270,43

82

21.816,34

SI427A-2022-00000057-00

Fundación Impulsarse

G27866763

Gaia III

34.079,57

40.895,48

82

32.716,38

SI427A-2022-00000060-00

Asociación de Viúvas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

21.741,22

26.089,46

65

18.262,62

SI427A-2022-00000061-00

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur

G70101647

Servizo integral para mulleres do rural en situación de vulnerabilidade

33.339,44

40.007,33

82

32.005,86

SI427A-2022-00000062-00

Unión de Asociaciones de Mujeres Autónomas y Emprendedoras- UATAE Mujer

G86223153

Emprender e poboar: inserción sociolaboral para mulleres inmigrantes en zonas pouco poboadas de Galicia a través do autoemprego

32.818,50

39.382,20

66

27.567,54

SI427A-2022-00000063-00

Asociación veciñal As Termas

G32334989

Espazo veciñal de apoio ás mulleres

6.365,00

7.638,00

82

6.110,40

SI427A-2022-00000064-00

Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico

G94088549

Programa APICO 2021/2022: plan de loita, información e apoio integral para as vítimas de violencia de xénero

18.445,00

22.134,00

66

13.280,40

SI427A-2022-00000065-00

Asociación Antonio Noche

G15210388

Confeccionando o teu futuro

29.166,27

34.999,52

81

27.999,62

SI427A-2022-00000066-00

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

Servizo de atención a mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

25.852,60

31.023,12

71

21.716,18

SI427A-2022-00000068-00

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Servizo de atención ás mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

31.242,44

37.490,93

71

26.243,65

SI427A-2022-00000071-00

Asociación Ambar

G15052434

Oigo. Programa integral de empoderamento e autoxestión para mulleres

23.169,05

27.802,86

67

19.462,00

SI427A-2022-00000073-00

Asociación Arandeira

G32261679

Programa de empoderamento e atención integral das mulleres do rural

26.820,60

32.184,72

73

22.529,30

SI427A-2022-00000074-00

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

Eco-Elas II

39.124,40

46.949,28

67

32.864,50

SI427A-2022-00000075-00

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Violencia de xénero, unha realidade oculta

33.232,94

39.879,53

83

31.903,62

SI427A-2022-00000077-00

Asociación de Mulleres con Discapacidade Galicia-Acadar

G70223417

Programa Enrédate 4ª edición

23.608,99

28.330,79

66

19.831,55

SI427A-2022-00000078-00

Faraxa pola abolición da prostitución

G27728658

Proxecto importas 4 atención a mulleres inmigrantes en situación de especial vulnerabilidade

9.568,21

11.481,85

85

10.333,67

SI427A-2022-00000079-00

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia-FAXPG

G15068091

Recursos especializados para mulleres xordas

18.867,48

22.640,98

68

15.848,69

SI427A-2022-00000080-00

Valoresc Innovation

G70377585

A tribo de Malala. Un espazo de axuda e crecemento, con propósito e acción para mulleres vulnerábeis

24.732,07

29.678,48

83

23.742,78

SI427A-2022-00000081-00

Asociación Diversidades

G27783950

Donas da cidade 2022

25.749,00

30.898,80

66

21.629,16

SI427A-2022-00000083-00

ONGD Senvalos

G70610282

Programa Valía

40.000,00

48.000,00

71

33.600,00

SI427A-2022-00000084-00

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

R3600368I

Agarimo VII

31.638,03

37.965,64

82

30.372,51

SI427A-2022-00000086-00

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

48.007,26

57.608,71

70

40.000,00

SI427A-2022-00000087-00

Asociación Mirabal

G70312954

Programa Mimosa 2021/2022

15.895,00

19.074,00

71

13.351,80

SI427A-2022-00000089-00

Ecos do Sur

G15354483

Apoio a nais

37.109,29

44.531,15

84

35.624,92

SI427A-2022-00000091-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Em-podérate

27.722,84

33.267,41

70

23.287,19

SI427A-2022-00000092-00

Asociación Xarela Formación-Animación

G32261307

Valor-es

16.981,09

20.377,31

80

16.301,85

SI427A-2022-00000097-00

Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña

G15414667

Programa Silvia

33.704,36

40.445,23

72

28.311,66

ANEXO II

Lista de espera

Nº de expediente

Entidade

(por orde de puntuación)

NIF

Programa

Puntos

SI427A-2022-00000044-00

Asociación Centinelas

G70390745

100 % muller 2022

64

SI427A-2022-00000072-00

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Acompaña, en femenino

64

SI427A-2022-00000053-00

Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

G32426025

Tríada da muller do rural galego na Limia (muller, saúde e rural)

63

SI427A-2022-00000033-00

Asociación Diagnosticados de cancro de mama-Adicam

G36380301

Forza rapazas 2.0! Programa de empoderamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

62

SI427A-2022-00000006-00

Asociación Xuvenil Integrados

G15973357

Servizo de formación e integración para mulleres con discapacidade 2022

61

SI427A-2022-00000011-00

Asociación Labregas

G15945686

Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria

61

SI427A-2022-00000015-00

Asociación Puntodelas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Punto delas

61

SI427A-2022-00000028-00

Down Pontevedra Xuntos Asociación Síndrome de Down

G36164887

Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da Síndrome de Down-discapacidade intelectual

61

SI427A-2022-00000085-00

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

Programa de atención integral para fortalecemento das capacidades persoais, sociais e laborais das mulleres con Síndrome de Down

61

SI427A-2022-00000025-00

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Servizo de orientación, formación e asesoramento social, psicolóxico e laboral a mulleres LBT

60

SI427A-2022-00000005-00

Unión General de Trabajadores de Galicia

G15383011

Servizo de atención a mulleres (S.A.M.)

58

SI427A-2022-00000021-00

Acción Familiar Ferrol- AFA Ferrol

G15745466

Reinvéntate-programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

58

SI427A-2022-00000096-00

Asociación Tempus

G15681000

Mulleres tecendo redes

58

SI427A-2022-00000001-00

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

Por elas

57

SI427A-2022-00000067-00

Fundación Hogar Santa Lucía

G15561301

Casa de acollida para mulleres sen fogar

57

SI427A-2022-00000049-00

Fundación Formavigo

G27753367

Traballo cualificado para mulleres en especial vulnerabilidade no sector metal e outros sectores

56

SI427A-2022-00000059-00

Asociación Albores Saúde Mental

G27252279

Iguais en saúde mental II

56

SI427A-2022-00000043-00

Fundación Ronsel

G15752660

Zulia, empoderamento da muller migrante a través do emprendemento e a creación de redes

55

SI427A-2022-00000031-00

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

G70464334

Centro de atención integral a mulleres migrantes empregadas do fogar e os coidados

53

SI427A-2022-00000070-00

Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

52

SI427A-2022-00000088-00

Asociación Española Contra el Cáncer

G28197564

Atención integral á muller con cancro

52

SI427A-2022-00000013-00

Fundación Amigó

G81454969

Proxecto acompañando

51

SI427A-2022-00000050-00

Federación Aspace Galicia

G36344950

Aspace-coñece os teus dereitos: atención especializada a mulleres con parálise cerebral

51

SI427A-2022-00000090-00

Fundación para la Pesca y el Marisqueo-Fundamar

G27745397

Programa Xarda. Programa de orientación e apoio para o emprego de mulleres en situación de vulnerabilidade

49

SI427A-2022-00000040-00

Cáritas Diocesana de Santiago

R1500053B

Programa materno infantil

46

SI427A-2022-00000069-00

Fundación Meniños

G15551120

Programa de atención perinatal para mulleres en situación de vulnerabilidade social

46

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Nº de expediente

Entidade

NIF

Programa

Causa

SI427A-2022-00000042-00

Asociación Vive Vilariño

G32504508

Medramos xuntas

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A-2022-00000045-00

Asociación Valores Galicia

G01980895

Programa de atención para mulleres con baixa cualificación e vítimas de violencia de xénero

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A-2022-00000018-00

ASPNAIS

G27018365

Programa de igualdade para as mulleres con discapacidade intelectual de ASPNAIS

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A-2022-00000058-00

Asociación Pavegal

G27852532

Tecendo oportunidades

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A-2022-00000095-00

Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra-Femupo

G94200326

Proxecto Panacea-autoestima para conquistar metas

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A-2022-00000008-00

Asociación O Son do Pobo

G94017704

Apoio, asesoramento, seguimento e acompañamento a persoas desfavorecidas en risco de exclusión social

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A-2022-00000076-00

Asociación Síndrome de Down de A Coruña

G15731466

Programa de atención integral de comunicación e empregabilidade a persoas coa Síndrome de Down

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A-2022-00000099-00

Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural

G94153053

Obradoiros para o emprego con prácticas

Artigo 5.7 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A-2022-00000023-00

Asociación Limisi-Asociación para a promoción das persoas con diversidade funcional

G32302671

Nós: programa de atención psicolóxica para mulleres con diversidade funcional

Artigo 4.1.a) e 4.3 das bases reguladoras: á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A-2022-00000093-00

Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses

G27368661

Achegándonos

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A-2022-00000035-00

Asociación de Familiares y Enfermos Mentales Morea

G32187049

Muller. EMG, empoderamento e igualdade

Artigo 4.1.a) e 4.3 das bases reguladoras: á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A-2022-00000082-00

Asociación Gallega de Afectados por VIH/Sida- AGAVIH

G27813146

Tecendo o teu futuro: proxecto atención mulleres en situación especial vulnerabilidade

Artigo 11.1 das bases reguladoras: non emenda a documentación requirida mediante a Resolución do 1 de marzo de 2022 (DOG núm. 49, do 11 de marzo).

SI427A-2022-00000094-00

Asociación a favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra-Aspanaex

G36605905

Rosalía-boamente

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A-2022-00000098-00

Arelas-Asociación de Familias de Menores Trans

G27820182

Apodéra-t

Artigo 11.1 das bases reguladoras: non emenda a documentación requirida mediante a Resolución do 1 de marzo de 2022 (DOG núm. 49, do 11 de marzo).