En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: LMTA peche derivadas LMT ALB803 e LMT ALB804.
Situación: lugar de Anllo Pequeno, Concello de San Amaro.
Características principais recollidas no proxecto:
Reforma da LMTA ALB803 para peche con ALB804, con cambio de condutor en treito afectado de 1.723 m de lonxitude, que pasa de LA-30 a LA-56 e substitución de 11 apoios de formigón por novos apoios de celosía metálica. Dotación dos elementos complementarios de manobra e protección segundo o previsto no proxecto.
O obxecto da información pública serán a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Fernández Núñez, colexiado nº 1534 do ICOIIG o 5.11.2021.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 30 de marzo de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2022/20-3.
Termo municipal: San Amaro.
Denominación da instalación: LMTA peche derivadas LMT ALB803 e LMT ALB804.
Predio núm. en proxecto: 3.
Lugar: Bosque.
Cultivo: monte alto.
Titular: José Luis Rodríguez.
Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 6.
Predio núm. en proxecto: 4.
Lugar: Bosque.
Cultivo: monte alto.
Titular: herdeiros de Amador González Pérez.
Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 7.
Predio núm. en proxecto: 5.
Lugar: Bosque.
Cultivo: monte alto.
Titular: Carmen Fernández Pérez.
Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 8.
Predio núm. en proxecto: 10.
Lugar: Monte Cruz.
Cultivo: monte alto.
Titular: herdeiros de Marina Rodríguez González.
Afección: ocupación de 1/2 m2 para o apoio núm. 16.
Predio núm. en proxecto: 11.
Lugar: Monte Cruz.
Cultivo: monte alto.
Titular: herdeiros de José Rodríguez Armas.
Afección: ocupación de 1/2 m2 para o apoio núm. 16.