Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24812

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de abril de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de abril de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file