Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público do ano 2022.

O Concello de Cee, mediante Resolución da Alcaldía número 313/2022, do 29 de marzo, acordou aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2022, que contén os seguintes postos de traballo:

Persoal funcionario:

Funcionarios de carreira, escala de administración especial:

Grupo C, subgrupo C1, núm. de vacantes: 1, denominación: policía local, sistema de acceso: concurso (sistema de mobilidade: artigo 43 da Lei de coordinación de policías locais de Galicia).

Persoal laboral:

Categoría laboral: L1, vacantes 1, denominación: dirección e asesoramento piscolóxico CIM, sistema de acceso: oposición.

Categoría laboral: L IV, vacantes: 2, denominación: albanel, sistema de acceso: oposición.

Cee, 30 de marzo de 2022

Margarita Lamela Louzán
Alcaldesa