De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 23 de xullo de 2021, de baixa do establecemento indicado no anexo, xa que intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 6 de abril de 2022
Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: Jaila Escapadas con Encanto.
Signatura: XG-PO-000617.
Interesada: Pilar Cendón Rodríguez.
Domicilio: Faisán, 1, entrechán.
Concello: 36205 Vigo.