En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: agrupar as persoas traballadoras e asalariadas dos diferentes sectores económicos, persoas traballadoras asociadas en forma cooperativa ou en autoxestión, persoas traballadoras por conta propia que non teñan persoal ao seu servizo, traballadores e traballadoras en paro e persoas que cesaron na súa actividade laboral como consecuencia da súa incapacidade ou xubilación, xuventude, e aquelas persoas que buscan o seu primeiro emprego.
– Asinante: José Luis Fernández Celis.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2022
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais