Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2022 Páx. 25413

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da comisión paritaria do III Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia, e se actualizan as táboas salariais para os anos 2021 e 2022.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do III Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia e a actualización das táboas salariais para os anos 2021 e 2022, que subscribiron, con data do 4 de marzo de 2022, a representación de AGEM e Escena Galega e os representantes dos traballadores e traballadoras, pertencentes aos sindicatos UGT, CIG e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18.11.2010).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da comisión paritaria do III Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do día 4 de marzo de 2022, reúnese telematicamente a comisión paritaria do Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia.

Parte empresarial:

Beatriz Fernández Rivera (AGEM).

Patricia Hermida (AGEM).

Juan Rodríguez Santiago (Escena Galega).

Parte sindical:

Ramón Dopico (UGT).

José Ramón Vizcaíno (UGT).

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO).

Adolfo Naya Fernández (CIG).

Logo do debate e análise das cuestións obxecto desta xuntanza por parte das representacións presentes nesta comisión, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. Actualización das táboas salariais dos anos 2021 e 2022.

Esta comisión paritaria acorda, por unanimidade, actualizar as táboas salariais do III Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia para os anos 2021 e 2022, de conformidade co contido no anexo, que se xuntará á presente acta.

Segundo. Consulta de Francisco xxxx xxxxx xxxxxxx, en calidade de titular do negocio con nome comercial XXXX XXXXXXX, sobre a posibilidade de efectuar contratos fixos descontinuos a tempo parcial.

Esta comisión paritaria, á vista da solicitude de referencia, entende que é posible efectuar contratos fixos descontinuos a tempo parcial.

Terceiro. Esta comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación da presente acta perante a autoridade laboral competente.

E non tendo máis asuntos que tratar, finaliza a reunión, ás 11.30 horas do día sinalado no encabezamento, e expídese para o efecto esta acta, que asinan en proba de conformidade as persoas relacionadas en nome de todas e cada unha das representacións asistentes.

Beatriz Fernández Riveira (AGEM)

Patricia Hermida (AGEM)

Juan Rodríguez Santiago (Escena Galega)

José Ramón Vizcaíno (UGT)

Ramón Dopico (UGT)

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.)

Adolfo Naya Fernández (CIG)

ANEXO

Actualización das táboas do Convenio de eventos,
servizos e producións culturais de Galicia

Convenio eventos-táboa salarial 2021 (IPC 2020 foi o -0,5 %)

Grupo

Bruto anual

Bruto mensual

Hora normal

Horas extra

Hora extra nocturna

I

22.534,33

1.877,86

13,45

17,49

20,18

II

20.811,86

1.734,32

12,42

16,15

18,63

III

18.546,20

1.545,52

11,07

14,39

16,61

IV

16.840,49

1.403,37

10,05

13,07

15,08

V

15.593,05

1.299,42

9,31

12,10

13,96

Convenio eventos-táboa salarial 2022 (IPC 2021 foi o 6,5 %)

Grupo

Bruto anual

Bruto mensual

Hora normal

Horas extra

Hora extra nocturna

I

23.999,07

1.999,92

14,33

18,63

21,49

II

22.164,63

1.847,05

13,23

17,20

19,85

III

19.751,70

1.645,98

11,79

15,33

17,69

IV

17.935,12

1.494,59

10,71

13,92

16,06

V

16.606,60

1.383,88

9,91

12,89

14,87

Quebrantamento de moeda

Ano

Mes

Xornada

2021

53,12

15,93

2022

56,57

16,97

Axudas de custo

Ano

Almorzo

Xantar

Cea

2021

6,38

17,53

14,34

2022

6,79

18,67

15,27