Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2022 Páx. 25799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas que non teñen carácter substancial e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: fábrica de pasta de papel

Trámite: modificación non substancial

Titular: Ence Energía y Celulosa, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2004/0286_NAA/IPPC_162

Localización: concello de Pontevedra (Pontevedra)

Expedientes: 2004/0286; 2019-IPPC-M-142; 2020-IPPC-M-117

Instalación: fábrica de extrusionado e lacado de perfís de aluminio (Centro Padrón)

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Exlabesa Extrusión Padrón, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2006/0268_NAA/IPPC_165

Localización: concello de Padrón (A Coruña)

Expediente: 2021-IPPC-M-95

Instalación: fábrica de produción de etanol e de materias para a alimentación animal

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Bioetanol Galicia, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2005/0246_NAA/IPPC_019

Localización: concello de Curtis (A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-20

Instalación: planta de tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos voluminosos

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Compañía Española de Servicios Públicos y Auxiliares (CESPA), S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2014-IPPC-70_284

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-16

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático