Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2022 Páx. 25802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 13 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, revisión de terceiro ciclo (2021-2027) (expediente 2019AAE2354).

De acordo co artigo 25 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise pública a Resolución do 12 de abril de 2022 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, sobre o Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, revisión de terceiro ciclo (2021-2027).

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2224/2019.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático