Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0048-2022 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto adoptouno o xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 13 de abril de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: INC-CO-0048-2022 BIO.

DNI denunciada: 32117650J.

Acto de notificación: acordo de inicio.