De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Cota específica base I.1.2:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Castro Rodríguez, Cristina Paula |
***5218** |
85 |
Acceso xeral:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Aguado Gómez, Cristina |
***9338** |
87 |
Bello Rilo, José Antonio |
***1723** |
83 |
Díaz Martínez, María Eugenia |
***9750** |
83 |
González-Cebrián Fernández de Caleya, José Juan |
***3326** |
86, 87 |
Louzán Sambad, Rosa María |
***2116** |
87 |
Lueiro García, María |
***7719** |
86 |
Cód. |
Causa da exclusión |
83 |
Non cumpre a condición de familia numerosa xeral |
85 |
Non cumpre a condición de discapacidade |
86 |
Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses anteriores á convocatoria |
87 |
Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego |