Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2021 (DOG núm. 140, do 23 de xullo) a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.
A base VII da convocatoria establece que «rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, en que se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas».
En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.
A listaxe de solicitantes excluídos/as figura como anexo desta resolución.
As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, para poder emendar o defecto que motivou a exclusión, de ser o caso. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria («Tramitación electrónica»).
A estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.
Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.
As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Docampo |
Ramos |
Carlos |
**8188*** |
12 |
Fernández |
Rivas |
Débora |
**6824*** |
4, 12 |
Losada |
González |
Antonio |
**9961*** |
12 |
Cód. causa |
Causa da exclusión |
4 |
Falta nomeamento para o corpo/categoría desde o que concursa |
12 |
Corpo-escala ou categoría, relación servizo ou tipo de admón. non corresponde ás do concurso |