De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral:
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Andrade Salgado, María Milagros |
***7742** |
87 |
Fernández Blancafort, María |
***0959** |
83 |
Fernández Fernández, Yolanda |
***3773** |
83 |
Fernández Silva, Emilio |
***3044** |
86 |
López Álvarez, María Belén |
***5615** |
84 |
Cód. |
Causa da exclusión |
83 |
Non cumpre a condición de familia numerosa xeral |
84 |
Non cumpre a condición de familia numerosa especial |
86 |
Non cumpre a condición de demandante de emprego desde os 6 meses anteriores á convocatoria |
87 |
Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego |