Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Cuma Xamazas, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Cuma Xamazas, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 14 de marzo de 2022, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é o seguinte: lugar de San Cosme, s/n, 15256, concello de Mazaricos, provincia da Coruña.

A Coruña, 8 de abril de 2022

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña