Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria de cinco prazas de técnico/a auxiliar de técnicas audiovisuais, C.E. 6/20, por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 54, do 21.3.2022, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da Concellería delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 11.3.2022, relativas á seguinte convocatoria:

– Cinco prazas de técnico/a auxiliar de técnicas audiovisuais (subgrupo C1), C.E. 6/20, por promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publícanse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 30 de marzo de 2022

A alcaldesa
P.D. (Xunta de Goberno Local do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior