Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Sábado, 30 de abril de 2022 Páx. 26057

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia do Goberno

REAL DECRETO 304/2022, do 29 de abril, polo que se declara o cesamento de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 15.2 do Estatuto de autonomía de Galicia,

Declaro o cesamento, por petición propia, de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Dado en Madrid o 29 de abril de 2022

FELIPE R.

Pedro Sánchez Pérez-Castejón
Presidente do Goberno