Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021468AE-PO e sete máis).

A xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021468AE-PO e sete máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da parte dispositiva da Sentenza 183/2021, do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos cales se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Logo de intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 19 de abril de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE da persoa

interesada

Último enderezo coñecido

2021468AE-PO

31253039H

Blasco de Garai, 4, 47010, Valladolid

2021507AE-PO

52478141F

Rúa Pinzón, 27, 4º A, 28025, Madrid

2021561AE-PO

53940272M

Rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón

2021562AE-PO

05358256S

Rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón

2021563AE-PO

53940271G

Rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón

2021564AE-PO

03791617K

Rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón

2021748AE-PO

12208303H

Referéndum da Viña Grande, 28, 3º, 28925, Alcorcón

20211130AE-PO

36006040T

Rúa do Gobernador, 30, planta baixa, 36379, Nigrán