Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte As Carballás (ampliación), do concello de Sarria (expediente 4/2021).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 31.3.2022 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: As Carballás (ampliación).

– Pertenza: Veciños da parroquia de Ortoá.

– Parroquia: Ortoá.

– Concello: Sarria.

– Superficie: 0,967 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación así como das estremeiras. O plano que figura no anexo I, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeira

27057A02201187

27057A02201188

Norte

27057D50200112

Leste

27057D50200116

27057A02209043

27057A02200391

27057A02200388

Sur

27057A02200328

27057A02200390

Oeste

27057A02200389

27057A02200387

27057A02200317

27057A02209043

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC da comunidade de Ortoá conta cunha superficie de 96,31 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 19 de abril de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

missing image file