Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 22 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto liña de alta tensión 66 kV parque eólico Miñón, tramo I.2 ata nó A (A Coruña) (expediente IN408A 2020/008).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U. (CIF B70566567).

Domicilio social: praza María Pita, nº 10, 1º, 15001 A Coruña, España.

Enderezo para os efectos de notificacións: praza María Pita, nº 10, 1º, 15001 A Coruña, España.

Denominación do proxecto: liña de alta tensión 66 kV parque eólico Miñón, tramo I.2 ata nó A.

Número de expediente: IN408A 2020/008.

Municipio afectado: Vimianzo.

Orzamento de execución material: 160.920,95 €.

Prazo de execución: un (1) mes.

Obxecto:

Co fin de evacuar a enerxía no parque eólico (PE) Miñón (de 24 MW, con número de expediente IN408A 2017/07, en servizo, promovido por Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.), proxectouse unha liña de alta tensión (LAT) de 66 kV Miñón (con número de expediente IN408A 2018/15, en servizo, promovida por Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.) que entronca co nó MTE-4 da LAT 66 kV PE Monte Tourado-Eixe/Monte Tourado-subestación colectora A Lagoa 20-66/220 kV (con número de expediente IN407A 2017/166-1, en servizo, promovida por Naturgy Renovables, S.L.U.). Como obxecto da presente tramitación, para dar continuidade á dita evacuación, proxéctase unha LAT de 66 kV de 2.670,64 metros de lonxitude, con inicio no citado apoio MTE-4 e fin no apoio 13, tamén denominado nó A da mesma LAT. Todos os apoios do tendido aéreo da LAT obxecto da presente tramitación son apoios existentes pertencentes á instalación LAT 66 kV PE Monte Tourado-Eixe/Monte Tourado-subestación colectora A Lagoa 20-66/220 kV (con número de expediente IN407A 2017/166-1, en servizo, promovida por Naturgy Renovables, S.L.U.).

Características técnicas da instalación:

A LAT obxecto da presente tramitación componse dun tramo aéreo do seguinte modo:

• Tramo aéreo con orixe no apoio MTE-4 da (LAT) 66 kV PE Monte Tourado-Eixe/Monte Tourado-subestación colectora A Lagoa 20-66/220 kV (situado nas coordenadas ETRS89: X= 499591,86 e Y= 4768326,36) e final no apoio 13, nó A da mesma LAT (situado nas coordenadas ETRS89: X= 500709,99 e Y=4765925,96).

• Os apoios correspondentes ao presente tramo, comprendidos entre o MTE-4 e nó A, ambos incluídos, son apoios xa existentes pertencentes á instalación (LAT) 66 kV PE Monte Tourado-Eixe/Monte Tourado-subestación colectora A Lagoa 20-66/220 kV (en servizo, promovida por Naturgy Renovables, S.L.U.) en cuxo proxecto se dimensionaron os apoios para albergar dous circuítos de alta tensión (66 kV): o circuíto de evacuación do PE Miñón (número de expediente IN408A 2017/07, en servizo) e o circuíto de evacuación do PE Monte Tourado-Eixe (número de expediente IN661A 2011/20-1, en servizo).

• A configuración do tramo de evacuación do PE Miñón, obxecto da presente tramitación, é de simple circuíto, con condutor LA-280, e cable de fibra óptica OPGW-48.

• A lonxitude total do tramo é de 2.670,64 m.

O tendido aéreo realízase sobre 13 apoios existentes, de celosía metálica.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o proxecto de interese autonómico das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (decembro 2019, visado o 4.12.2019).

1.1. Plano xeral do proxecto.

2. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA).

(febreiro 2021, asinado o 2.2.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 62), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como no Concello de Vimianzo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 22 de abril de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña