Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2022 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado número 79/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 79/2022, interposto por Roberto Gómez Álvarez, Enrique Poza Domínguez, Arantxa Martínez Casal e Rosana Rodríguez Díaz, contra a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo para o ano 2021, por inclusión das prazas de TS e TE en Actividades do medio mariño, TE en Cultivos mariños e TE en Calidade ambiental e histoloxía.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 20 de abril de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo