Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26499

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

EXTRACTO da Resolución do 29 de abril de 2022 pola que se amplía o crédito das axudas previstas na Resolución do 20 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2022 (código de procedemento MT402B), tramitado como expediente anticipado de gasto.

BDNS (Identif.): 605863.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para o financiamento das axudas previstas na Resolución do 20 de decembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2022 (código de procedemento MT402B), tramitado como expediente anticipado de gasto, nunha contía de 200.000 euros (código de proxecto 2021 00002) na aplicación orzamentaria 08.80.541E.760.00.

Segundo. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto de Estudos do Territorio