Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26436

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F).

O Consello Europeo aprobou o 21 de xullo de 2020 a creación do programa NextGenerationEU, como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada polo coronavirus. O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello alcanzaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúe os fondos de NextGenerationEU e o Marco financeiro plurianual 2021-2027, creándose o Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidos pola COVID-19.

O Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a el e alcanzar os obxectivos establecidos, e serán presentados formalmente polos Estados, como moi tarde, o 30 de abril.

A Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dá publicidade ao Acordo do Consello de Ministros do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia que define as estratexias que se van seguir no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o Plan cumpren cos seis piares establecidos polo Regulamento da UE, e articúlanse ao redor de catro eixes principais (a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero). Estes catro eixes de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca, que integran, pola súa vez, 30 compoñentes ou liñas de acción, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do plan.

O Consello de Ministros do 13 de xullo de 2021, por proposta do ministro de Cultura e Deporte, aprobou a distribución territorial e os criterios de repartición dos créditos que serán xestionados polas comunidades autónomas con cargo ao orzamento do Ministerio de Cultura e Deporte no marco dos compoñentes 24 e 25.

O compoñente 24 «Revalorización da industria cultural», recolle reformas e investimentos orientadas a fortalecer a cadea de valor das industrias culturais españolas promovendo tres eixes estratéxicos: a competitividade, a dinamización e cohesión do territorio, e a dixitalización e sustentabilidade dos grandes servizos culturais. Dentro deste atópanse diversos proxectos dos cales participarán as comunidades autónomas, entre os que está o «C24 Revalorización das industrias culturais. I2 Dinamización da cultura ao longo do territorio. C.24.I2.P1. Axudas para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas», tras as transferencias dos pertinentes fondos durante os anos 2022 e 2023 para convocatorias pública de axudas. Deste xeito, as CC.AA. receptoras deste financiamento deberán destinar os créditos a entidades públicas e privadas do seu ámbito territorial.

O día 23 de xullo de 2021 aprobáronse os criterios de repartición dos fondos afectados para a financiamento das actuacións descritas e a súa execución que corresponden ás CC.AA., a través de convocatorias de axudas en réxime de concorrencia competitiva.

En cumprimento coa regulamentación antes descrita todos os proxectos de investimento deben de respectar o «principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio DNSH, «Do Not Significant Harm»).

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no artigo 27.19 que lle «corresponde á Comunidade Autónoma Galega a competencia e fomento da cultura e da investigación en Galicia», sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten a responsabilidade de promocionar e fomentar a cultura galega, tendo na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) o ente instrumental en que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.

Con esta convocatoria de axudas preténdese dar un impulso á dinamización da cultura ao longo do territorio coa ampliación e diversificación cultural nas áreas non urbanas, con cargo ao Plan de transformación, recuperación e resiliencia, no exercicio 2021.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismos de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F).

2. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas no 100 % polos fondos de NextGenerationEU, a través dos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais do ano 2022 polo que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen ao respecto nestas bases reguladoras.

Cando as persoas beneficiarias destas axudas sexan entidades xurídicas privadas, será de aplicación a normativa comunitaria en materia de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

3. Solicitudes.

3.1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 das bases reguladoras.

3.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Prazo de duración do procedemento de concesión.

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva que non poderá ter unha duración superior aos 5 meses contados a partir do día seguinte á presentación da solicitude.

5. Información ás persoas interesadas.

5.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: http://agadic.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

5.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

5.3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

6. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

7. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos de NextGenerationUE

e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241

e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F)

Artigo 1. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións para a ampliación e diversificación da oferta cultural en áreas non urbanas ao abeiro dos fondos de NextGenerationUE e o Mecanismos de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404F).

2. Estas subvencións serán tramitadas, e concedidas, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración concedente.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

3. Estas subvencións son incompatibles co financiamento doutros fondos estruturais da UE ou outras axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e dos seus organismos dependentes para o mesmo proxecto, pero compatibles con outras axudas do resto dos departamentos da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

4. Estas axudas son compatibles co mercado interior segundo o disposto no artigo 107, parágrafo 3 do Tratado de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación cos artigos 107 e 108 cando as persoas beneficiarias destas axudas sexan entidades xurídicas privadas.

5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere o custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Finalidade das axudas

1. A finalidade destas axudas é reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis aló dos grandes núcleos urbanos e contribuír, deste modo, a incrementar a actividade cultural no territorio, entendida como un motor de cambio, dinamización e transformación social.

2. A través desta liña de subvencións preténdese activar procesos culturais nas zonas non urbanas que afonden nos vínculos individuais e sociais co territorio, ofrecendo novas oportunidades laborais, de emprego estable e de calidade no eido cultural nas contornas rurais.

3. As accións elixibles que se financiarán a través deste liña de axudas deben responder a un ou varios dos obxectivos seguintes:

a) Impulsar a actividade, a creación, as prácticas e os procesos culturais contemporáneos en estreita vinculación coas comunidades e os seus contextos sociais, territoriais e culturais específicos, contribuíndo á construción de novos relatos, imaxinarios, representacións estéticas, valores e actitudes para o medio rural no contexto dos retos que suxire o mundo contemporáneo, así como pór en valor, en diálogo con presente, o patrimonio, o coñecemento e os saberes tradicionais.

b) Promover a dinamización, a modernización e a innovación dos sectores e axentes culturais e creativos que operan no medio rural, favorecendo a xeración de emprego, a profesionalización e a creación de redes profesionais locais, rexionais e nacionais, así como axudar á consecución da igualdade de xénero nestes sectores.

c) Promover a inclusión e a estimulación da participación cidadá activa na actividade cultural como instrumento de participación democrática, benestar, saúde e cohesión social e territorial, con especial atención á incorporación de estratexias de igualdade de xénero e a participación xuvenil e á colaboración cos centros educativos.

d) Favorecer a diversidade cultural, así como o diálogo e o intercambio rural-urbano.

e) Impulsar a contribución da cultura aos obxectivos de desenvolvemento sustentable, en particular aqueles vinculados coa sustentabilidade ambiental.

4. En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e a súa normativa de desenvolvemento, todos os proxectos de investimento deben de respectar o «principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio DNSH, «Do Not Significant Harm»).

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Establécense dúas categorías de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria:

– Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, legalmente constituídas.

– Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependentes segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985 da calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as persoas ou entidades públicas ou privadas en que concorran algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, que figura no anexo II.

3. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior. De acordo co artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non se atopaban en situación de crise no momento da presentación, en tempo e prazo, das solicitudes, circunstancia que será comprobada pola Agadic.

4. As entidades beneficias, ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Categoría 1: persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a creación, a organización, a xestión, a distribución de espectáculos en calquera das disciplinas de ámbito cultural, a investigación cultural, a consultoría cultural ou calquera ámbito relacionado co ecosistema cultural, no suposto de persoas xurídicas.

b) Para o caso das persoas físicas (autónomas) estar de alta no réxime especial de traballadores autónomos en calquera das epígrafes relacionadas co ámbito cultural.

– Categoría 2: concellos e o sector público institucional deles dependentes segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985 da calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

a) Ter un máximo de 30.000 habitantes e unha densidade de poboación igual ou menor a 100 habitantes/km2, segundo os últimos datos oficiais (INE/IGE).

b) O concello deberá ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das últimas contas xerais do orzamento 2020.

Artigo 4. Financiamento, contías e límites

1. As axudas relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 628.644,76 euros, para as anualidades 2022 e 2023 imputables ás aplicacións orzamentarias 10.A1.432B.760.0 e 10.A1.432B.770.1, código de proxecto 2022 00002 da Axencia Galega das Industrias Culturais.

2. A distribución orzamentaria por categorías e anualidade será a seguinte:

Categoría

Aplicación

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Persoas físicas e xurídicas

10.A1.432B.770.1

150.000,00 euros

178.644,76 euros

Concellos e organismos dependentes

10.A1.432B.760.0

150.000,00 euros

150.000,00 euros

Se as solicitudes presentadas por categoría non esgotan o crédito que teñen asignado no parágrafo anterior, o crédito sobrante poderase destinar á outra categoría. As solicitudes que, cumprindo todos os requisitos, non acadan subvención por esgotamento do crédito asignado, pasarán a formar unha listaxe de espera respectando a orde de prelación resultante da aplicación dos criterios de valoración.

3. Estas subvencións terán carácter plurianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados e pagados, desde o día 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de marzo de 2023.

4. As porcentaxes máximas de axuda e contías máximas son as seguintes:

– Categoría 1: persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas. A contía máxima da axuda será do 80 % do proxecto cun límite máximo, en todo caso, por persoa ou entidade beneficiaria de 50.000,00 euros.

– Categoría 2: concellos e seus organismos públicos, entidades de dereito público vinculados ou dependentes: a contía máxima da axuda será do 70 % do proxecto cun límite máximo, en todo caso, por persoa beneficiaria de 50.000,00 euros.

5. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda e sempre antes da resolución de concesión. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

6. Estas axudas están financiadas ao 100 % polos fondos de NextGenerationUE a través do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia establecido polo Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, de 14 de decembro de 2020, polo que se establece un Instrumento de Recuperación da Unión Europea para apoio da recuperación trala crise da COVID-19, e regulado segundo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas, medidas integradas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

Artigo 5. Proxectos subvencionables

1. Os proxectos e actividades culturais que pretendan ser subvencionados ao abeiro desta convocatoria deberán celebrarse ou desenvolverse no medio rural. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por medio rural os concellos de menos de 30.000 habitantes e cunha densidade igual ou menor a 100 habitantes/km2. Se o proxecto ten carácter supramunicipal, todos os concellos en que se desenvolve o proxecto deberán cumprir este requisito.

2. Os proxectos e actividades culturais que presenten as persoas solicitantes deberán ter un orzamento total, igual ou superior, a 50.000 euros (incluído o IVE).

3. Para os efectos destas bases, descríbense a seguir as accións elixibles:

a) Eventos ou espectáculos artísticos ou culturais, festivais, exposicións e outras actividades culturais similares dentro dos seguintes ámbitos: artes visuais, cinema e artes audiovisuais, teatro, danza, circo, música, literatura e palabra, arquitectura, deseño e artesanía, incluíndo as actividades artísticas multidisciplinares e aquelas que relacionan a cultura e as artes coa ciencia e/ou os saberes tradicionais.

b) Proxectos que mediante a participación multiaxente –laboratorios de ideas, prototipados de proxectos, iniciativas transdisciplinares ou alianzas transectoriais–, favorezan a experimentación, a investigación e a innovación cultural e teñan unha concreción práctica no territorio.

c) Patrimonio inmaterial, en conexión coa cultura e as prácticas contemporáneas.

d) Actividades de educación, transferencia e mediación artística e cultural, incluíndo o uso das novas tecnoloxías.

Artigo 6. Concepto de gastos subvencionables

1. Serán gastos subvencionables de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable que se realicen en calquera espazo en Galicia, resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto presentado e fosen realizados e pagados, desde o día 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de marzo de 2023, ambos incluídos. O período subvencionable, polo tanto, abrangue desde o día 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de marzo de 2023.

Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que a persoa beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

2. Para os efectos da presente convocatoria, considéranse gastos subvencionables:

2.1. Proxecto técnico. Enténdese por gastos de proxecto técnico os relativos aos honorarios dos profesionais encargados da redacción do proxecto que se presenta á subvención, como consultoría especializada na xestión cultural.

2.2. Gastos de remuneracións dos espectáculos artísticos ou culturais que formen parte do proxecto. Estes gastos refírense aos cachés dos artistas, compañías, comisariados ou calquera outro profesional do ámbito dos proxectos enmarcados no establecido no artigo 5.3.a).

2.3. Os custos de deseño, creación, produción, montaxe/desmontaxe e instalación das escenografías dos espectáculos que forman o proxecto. Trátase de gastos relacionados coa creación das escenografías, desde a súa concepción ata a súa exhibición.

2.4. Os gastos por servizos asociados á programación, tales como servizos técnicos e auxiliares e outros de carácter profesional necesarios para levar a cabo o obxecto da subvención.

2.5. Gastos en dereitos de autor.

2.6. Gastos en investigación e innovación, formación, mediación e consultoría.

2.7. Gastos de alugamento de espazos para a exhibición dos espectáculos e actividades que forman parte do proxecto.

2.8. Gastos de difusión en plataformas en liña ou streaming das actividades que conforman o proxecto subvencionado.

2.9. Gastos en comunicación e publicidade en liña ou off line, entendendo por tales os gastos do deseño, materiais promocionais, insercións publicitarias, etc.

2.10. Gastos en contratación de persoal vinculados ao proxecto.

2.11. Gastos xerais. Considéranse subvencionables os gastos xerais, entendendo por tales aqueles que non poden vincularse directamente pero son necesarios para a realización da actividade subvencionada, sen que en ningún caso poida superar o 7 % do importe xeral dos gastos subvencionables. Terán consideración de gastos xerais, entre outros os custos de desprazamento, gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada, subministracións necesarias como teléfono, luz, auga, e aqueloutros vinculados indirectamente co proxecto.

3. Non serán subvencionables de conformidade co disposto no artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os gastos relativos a:

– Xuros debedores das contas bancarias.

– Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade beneficiaria.

– Gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.

– Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

4. No caso de que o proxecto teña carácter supramunicipal e suprarrexional, só se considerarán gastos subvencionables para os efectos desta subvención aqueles gastos xerados e efectuados en Galicia.

Artigo 7. Subcontratación

1. Para os efectos destas bases, enténdese que a entidade beneficiaria subcontrata cando concerta con outros a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social co que se pretenda contratar a actividade.

2. En materia de subcontratación, observarase o establecido no artigo 27.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que unicamente se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa e no suposto de que tal previsión non figure ata o 50 % do seu importe.

3. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido e nos supostos establecidos no artigo 27.7 da Lei 9/2007:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, agás que os ditos pagamentos estean xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas coa persoa beneficiaria, agás que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado e que se obteña a autorización previa do órgano concedente nos termos que se fixen nestas bases reguladoras.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen a subvención por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente.

Artigo 8. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 9. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 10. Documentación complementaria

As entidades solicitantes deberán achegar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

– Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.1.4. Alta no réxime xeral de autónomos se a persoa solicitante é persoa física.

1.1.5. Declaración de axudas (anexo V).

• No anexo II constan as seguintes declaracións responsables, que se deberán cubrir:

1.1.6. Declaración responsable en que se reflictan as persoas empregadas asignadas ao proxecto e a dedicación de cada unha delas.

1.1.7. Declaración responsable en que se reflicta o compromiso de participación de compañías/artistas galegas que participarán no proxecto.

1.1.8. Declaración responsable onde se determina o custo total do proxecto, o custo subvencionable e a porcentaxe de subvención solicitada.

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto (anexo III). Esta memoria deberá reflectir de forma clara e concisa, entre outras cuestións: o espazo ou espazos onde se realizará o proxecto, unha previsión do seu desenvolvemento e calendarización; a actividade ou actividades que o compoñen, cunha descrición destas e os obxectivos que persegue, destacando a súa capacidade de innovación e transformación, así como os indicadores que serven para medir estes obxectivos e calquera información que permita realizar a avaliación do proxecto conforme os criterios establecidos nestas bases. Esta memoria terá un máximo de 25 páxinas.

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV), no que se describan os conceptos de gasto con e sen IVE, así como as fontes de financiamento que permitirán levar a cabo o proxecto. Este documento debe permitir comprobar a viabilidade técnica e económica do proxecto.

– Categoría 2. Concellos e o sector público institucional deles dependentes segundo o artigo 82.2 da Lei 7/1985 da calquera Administración (organismos públicos, entidades de dereito público ou privado).

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa responsable da Secretaría da entidade, ou cargo asimilable, en que se faga constar o acordo adoptado polo órgano competente para solicitar a subvención.

1.1.2. Normas de creación e estatutos de constitución, no suposto de entidades do sector público.

1.1.3. Acreditación do cumprimento de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do exercicio 2020, no suposto de entidades locais.

1.1.4. No suposto de organismos e entidades do sector público vinculados ou dependentes a rendición de contas anuais ante o seu órgano de goberno.

• No anexo II constan as seguintes declaracións responsables, que se deberán cubrir:

1.1.5. Declaración responsable en que se reflicta o emprego xerado vinculado ao proxecto subvencionado, en que deberá constar unha relación das persoas empregadas asignadas ao proxecto e a dedicación de cada unha delas.

1.1.6. Declaración responsable en que se reflicta a relación de axentes do tecido asociativo ou empresarial local involucrados no proxecto.

1.1.7. Declaración responsable en que se reflicta o compromiso de participación de compañías/artistas galegas que participarán no proxecto.

1.1.8. Declaración responsable onde se determina o custo total do proxecto, o custo subvencionable e a porcentaxe de subvención solicitada.

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto (anexo III). Esta memoria deberá reflectir de forma clara e concisa, entre outras cuestións: o espazo ou espazos onde se realizará o proxecto, unha previsión do seu desenvolvemento e calendarización; a actividade ou actividades que o compoñen, cunha descrición destas e os obxectivos que persegue, destacando a súa capacidade de innovación e transformación, así como os indicadores que serven para medir estes obxectivos e calquera información que permita realizar a avaliación do proxecto conforme os criterios establecidos nestas bases. Esta memoria terá un máximo de 25 páxinas.

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV), en que se describan os conceptos de gasto con e sen IVE, así como as fontes de financiamento que permitirán levar a cabo o proxecto. Este documento debe permitir comprobar a viabilidade técnica e económica do proxecto.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencias contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Instrución do procedemento

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes actuacións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, a profesionais e expertos do sector, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirir ás persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as actuacións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Artigo 16. Comisións de valoración

1. O director da Agadic nomeará as persoas, con asignación de funcións, que formarán parte das dúas comisións de valoración que se constituirán para a avaliación das solicitudes e proxectos presentados. Estas comisións terán a consideración de órganos colexiados e seralles de aplicación a sección 3ª da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2. A Comisión de Avaliación dos criterios automáticos estará formada por tres persoas do cadro de persoal da Agadic que realizarán as funcións de presidente, vogal e secretario, quen actuará con voz pero sen voto.

3. A Comisión de Avaliación dos criterios técnicos está formada por catro persoas: dúas persoas técnicas profesionais vinculadas ao mundo cultural con coñecementos e cualificación profesional acorde co obxecto das axudas e dúas persoas do cadro de persoal da Agadic. Destas catro persoas que forman a comisión, unha delas realizará as funcións de presidente da comisión e a responsabilidade da secretaría da comisión, con voz pero sen voto, recaerá nunha das dúas persoas do cadro de persoal da Agadic.

4. A condición de persoa membro da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. As persoas que formen parte da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria e absteranse se se dan algunha das circunstancias do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

5. A avaliación das solicitudes presentadas farase en dúas fases. A primeira será a avaliación dos criterios automáticos establecidos no artigo 17 e a segunda fase será a avaliación dos criterios técnicos. Estas comisións poderán solicitar das persoas beneficiarias cantos datos e acreditacións xulguen necesarios para unha máis correcta avaliación dos proxectos.

6. A Comisión de Valoración Técnica, previamente á cualificación das solicitudes, elaborará unha acta concretando os criterios técnicos definidos nestas bases para aplicalos de xeito semellante e obxectivo. Así mesmo, tras a súa avaliación, deixarase constancia documental cun informe da motivación das puntuacións.

7. Finalizadas as avaliacións, as dúas comisións reuniranse para poñer en común o resultado de cada unha das fases e emitirán un informe conxunto relacionando os proxectos examinados por orde de prelación e indicarán a puntuación asignada a cada un deles.

Artigo 17. Criterios de valoración

1. A valoración das solicitudes presentadas realizarase de acordo cos criterios establecidos de seguido:

a) Criterios automáticos para a categoría 1: persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas

Criterios automáticos

60 puntos

1) Nº de habitantes do concello onde se desenvolve a actividade (ou a parte principal, no caso de varios concellos)

6

a) Menos de 5.000 habitantes

6

b) Entre 5.001 e 15.000 habitantes

4

c) Entre 15.001 e 30.000 habitantes

2

2) Emprego. Valórase o emprego directo vinculado á entidade beneficiaria para o proxecto obxecto desta subvención

6

a) Ata 3 persoas traballadoras

2

b) Desde 4 ata 10 persoas traballadoras

4

c) Máis de 11 persoas traballadoras

6

3) Emprego feminino. Valórase o emprego feminino directo vinculado a entidade beneficiaria para o proxecto obxecto desta subvención

4

a) Ata o 25 % do emprego é feminino

1

b) Entre o 26 e o 50 % do emprego é feminino

2

c) Máis do 51 % do emprego é feminino

4

4) Actividade en máis dun concello

6

a) Actividade entre 2 e 4 concellos de menos de 5.000 habitantes

5

b) Actividade en máis de 5 concellos de menos de 5.000 habitantes

6

c) Actividade entre 2 e 4 concellos entre 5.001 e 15.000 habitantes

2

d) Actividade en máis de 5 concellos entre 5.001 e 15.000 habitantes

3

e) Actividade en máis de 5 concellos onde o 75 % sexan concellos de menos de 5.000 habitantes

4

f) Actividade en máis de 2 concellos de máis de 15.001 habitantes

1

5) Proxecto de máis dunha actividade. Valórase a multidisciplinariedade do proxecto

4

a) Proxecto con ata 2 actividades

1

b) Proxecto entre 3 e 5 actividades

2

c) Proxecto con máis de 5 actividades

4

6) Participación de compañías e artistas galegas

8

a) Entre o 20 % e 40 % do total das compañías e artistas programadas

3

b) Entre o 41 % ao 60 % do total das compañías e artistas programadas

6

c) Máis do 61 % do total de compañías e artistas programadas

8

7) Porcentaxe da axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado

8

a) Ata o 30 %

8

b) Máis do 30 % ata o 50 %

5

c) Máis do 50 % ata o 75 %

3

8) Público ao que se dirixe

8

a) Todos os públicos

2

b) Comunidade escolar e/ou público xuvenil

2

c) Persoas con diversidade funcional

2

d) Público feminino

2

9) Realización do proxecto. Valórase a vinculación do proxecto co patrimonio cultural e o patrimonio natural con declaración recoñecida

6

a) Execución do proxecto nun elemento do patrimonio inmoble (ou a súa contorna inmediata) con algunha das proteccións recoñecidas a Lei do patrimonio cultural de Galicia

2

b) Execución do proxecto nun espazo natural que conte con algunha das proteccións de Reserva da biosfera, parque nacional, parque natural, monumento natural ou paisaxe protexida segundo a normativa sectorial de aplicación

2

c) Proxecto vinculado ao patrimonio inmaterial declarado en Galicia segundo a Lei do patrimonio cultural de Galicia

2

10) Carácter suprarrexional do proxecto. Valórase a realización do proxecto noutras CC.AA., ademais de Galicia

4

a) Se o proxecto se realiza en tres CC.AA., ademais de Galicia

2

b) Se o proxecto se realiza en más de tres CC.AA., ademais de Galicia

4

b) Criterios automáticos para a categoría 2. Concellos e organismo dependentes.

Criterios automáticos

60 puntos

1) Nº de habitantes do concello onde se desenvolve a actividade

6

a) Menos de 5.000 habitantes

6

b) Entre 5.001 e 15.000 habitantes

4

c) Entre 15.001 e 30.000 habitantes

2

2) Emprego. Valórase o emprego xerado desde a entidade beneficiaria vinculado ao proxecto obxecto desta subvención

6

a) Ata 3 persoas traballadoras

2

b) Desde 4 ata 10 persoas traballadoras

4

c) Máis de 11 persoas traballadoras

6

3) Emprego feminino. Valórase o emprego feminino xerado pola entidade beneficiaria vinculado ao proxecto obxecto desta subvención

4

a) Ata o 25 % do emprego é feminino

1

b) Entre o 26 e o 50 % do emprego é feminino

2

c) Máis do 51 % do emprego é feminino

4

4) Implicación do tecido asociativo e empresarial do concello

6

a) Entre o 20 % e o 40 % dos axentes participantes residen no concello

3

b) Entre o 41 % e o 60 % dos axentes participantes residen no concello

5

c) Máis do 60 % dos axentes participantes residen no concello

6

5) Proxecto de máis dunha actividade. Valórase a multidisciplinariedade do proxecto

4

a) Proxecto con ata 2 actividades

1

b) Proxecto entre 3 e 5 actividades

2

c) Proxecto con máis de 5 actividades

4

6) Participación de compañías e artistas galegas

8

a) Entre o 20 % e 40 % do total das compañías e artistas programadas

3

b) Entre o 41 % ao 60 % do total das compañías e artistas programadas

6

c) Máis do 61 % do total de compañías e artistas programadas

8

7) Porcentaxe da axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado

8

a) Ata o 30 %

8

b) Máis do 30 % ata o 50 %

5

c) Máis do 50 % ata o 75 %

3

8) Público ao que se dirixe

8

a) Todos os públicos

2

b) Comunidade escolar e/ou público xuvenil

2

c) Persoas con diversidade funcional

2

d) Público feminino

2

9) Realización do proxecto. Valórase a vinculación do proxecto co patrimonio cultural e o patrimonio natural con declaración recoñecida

6

a) Execución do proxecto nun elemento do patrimonio inmoble (ou a súa contorna inmediata) con algunha das proteccións recoñecidas a Lei do patrimonio cultural de Galicia

2

b) Execución do proxecto nun espazo natural que conte con algunha das proteccións de reserva da biosfera, parque nacional, parque natural, monumento natural ou paisaxe protexida segundo a normativa sectorial de aplicación

2

c) Proxecto vinculado ao patrimonio inmaterial declarado en Galicia segundo a Lei do patrimonio cultural de Galicia

2

10) Carácter suprarrexional do proxecto. Valórase a realización do proxecto noutras CC.AA., ademais de Galicia

4

a) Se o proxecto se realiza en tres CC.AA., ademais de Galicia

2

b) Se o proxecto se realiza en máis de tres CC.AA., ademais de Galicia

4

c) Criterios técnicos para ambas as dúas categorías:

Criterios técnicos (memorias específicas de cada epígrafe)

40 puntos

a) Memoria técnica en que se describa a relevancia, grao de innovación e consistencia da proposta, para valorar o interese do proxecto, a súa calidade técnica, o seu carácter innovador e o valor engadido que poida achegar ao ecosistema cultural do seu territorio

Ata 9

b) Proxecto innovador e transformador. Valorarase a capacidade do proxecto de xerar sinerxías entre diferentes axentes que favoreza alianzas transectoriais, e prime a investigación, a experimentación e a innovación cultural cunha concreción práctica no territorio

Ata 8

c) Viabilidade técnica e económica do proxecto que permita valorar a coherencia entre os medios e os obxectivos marcado así como o peso no orzamentos doutras fontes de financiamento, sexan públicas ou privadas

Ata 7

d) Incorporación de ferramentas de medición e avaliación dos distintos impactos do proxecto: cultural, económico, social, demográfico, territorial, calidade de vida, sustentabilidade ambiental e outros

Ata 6

e) Adecuación do proxecto ás finalidades e cos obxectivos establecidos nestas bases

Ata 10

2. Como puntuación adicional, en cumprimento do acordo do Consello da Xunta polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, outorgarase 20 puntos ás solicitudes que respondan ao nomeado criterio.

3. Como puntuación adicional, tendo en conta que estamos celebrando o Xacobeo 2022, outorgaranse 10 puntos aos proxectos que se desenvolvan integramente nun concello o concellos que formen parte dalgunha das rutas xacobeas recoñecidas oficialmente, e cumpran o requisito de desenvolverse no medio rural establecido no artigo 5.

Artigo 18. Resolución

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e unha vez entregado o informe conxunto preceptivo por parte das comisións de valoración, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que se determinará en función das dispoñibilidades orzamentarias, o orzamento do proxecto, o importe solicitado e puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración. Esta proposta será elevada á presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

3. O presidente do Consello Reitor da Agadic, por delegación deste (disposición adicional do acordo con data do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164) deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia. A resolución será motivada e expresará, cando menos:

a) A relación de entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

e) O carácter de axuda con financiamento do Plan de recuperación e resiliencia con fondos da Unión Europea.

De non mediar resolución expresa, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 19. Aceptación da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A aceptación da axuda implica a aceptación de que o proxecto cumprirá co principio DNSH (principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente e as condicións de etiquetado climático e dixital polo que adoptarán as medidas adecuadas para poder avaliar o devandito principio de conformidade coa Guía técnica sobre a aplicación do principio DNSH (2021/C58/01).

Artigo 20. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión, debendo obter a previa autorización da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, aos seus aspectos fundamentais ou que tivesen sido determinantes para a concesión da axuda, á determinación da persoa beneficiaria, nin dan dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións de outros, que non afecte custos de persoal, que non se supere o límite do 7 % para os gastos xerais e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar, debidamente, o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa, notificándoselle ao interesado.

Artigo 21. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 22. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes, se o acto é expreso ou desde o día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Transcorrido o dito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non é expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 23. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir coa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento destas bases reguladoras.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, así como ás comprobacións da Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas da Unión Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lle sexa requirida.

g) Comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

h) Desenvolver as actividades financiadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

j) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento con fondos NextGeneration da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos que se perseguen. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia e a frase «Axencia Galega das Industrias Culturais» así como financiado con cargo aos fondos da UE e o Plan de recuperación e resilencia. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Xunta de Galicia.

As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán á disposición na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (http://www.agadic.gal), na súa epígrafe de axudas.

2. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, as persoas beneficiarias adquiren, igualmente, as obrigas que se relacionan a continuación, de conformidade co establecido na normativa comunitaria e nacional aplicable como consecuencia deste financiamento:

a) As persoas beneficiarias terán a obrigación de achegar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador.

b) As persoas beneficiarias deberán establecer mecanismos que aseguren que as actuacións para desenvolver por terceiros (subcontratacións) contribúen ao logro das actuacións previstas e que devanditos terceiros acheguen a información que, de ser o caso, sexa necesaria para determinar o valor dos indicadores de seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) Solicitarán, para efectos de auditoría e control do uso dos fondos e en formato electrónico, as categorías harmonizadas de datos recollidas no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

d) As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas en materia de información, comunicación e publicidade contempladas no artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241, relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, sobre o financiamento da Unión Europea das medidas incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia. En particular, nas medidas de información e comunicación das actuacións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios e insercións en prensa, certificados, etc.), deberanse incluír os seguintes logos:

• O emblema da Unión Europea.

• Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

• Usaranse tamén os seguintes logos: teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas establecidas no anexo II do Regulamento de execución 821/2014. Tamén se pode consultar a seguinte páxina web: http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar distintos exemplos do emblema en: https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_es#download Todos os carteis informativos e placas deberán colocarse nun lugar ben visible e de acceso ao público.

e) As persoas beneficiarias deberán gardar a rastrexabilidade de cada unha dos investimentos e actuacións realizadas, así como a correspondente documentación acreditativa delas durante 3 anos contados desde o último pagamento de conformidade co artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, ao ser a contía máxima da axuda inferior a 60.000,00 euros. Someteranse ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046. En particular, deberán autorizar á Comisión, á OLAF, ao Tribunal de Contas Europeo e, cando cumpra, á Fiscalía Europea a exercer os dereitos que lles recoñece o artigo 129, punto 1, do referido Regulamento financeiro.

f) As medidas cofinanciadas mediante os fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia deberán respectar no principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

g) As persoas beneficiarias deberán asegurar a regularidade do gasto subxacente e a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de interese e o dobre financiamento.

h) As persoas beneficiarias serán responsables da fiabilidade e o seguimento da execución das actuacións subvencionadas, de maneira que poida coñecerse en todo momento o nivel de consecución de cada actuación e dos fitos e obxectivos que se estableceron respecto diso.

i) As persoas beneficiarias deberán asumir calquera outra obriga comunitaria e nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Artigo 24. Xustificación da subvención

1. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentarse de forma electrónica a través da Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

2. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación das subvencións aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas persoas beneficiarias, porá no seu coñecemento esta circunstancia e concederalle un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Igualmente, se efectuará un requirimento por parte da Agadic no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e CC.AA.

3. No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación ningunha, requirirase igualmente a persoa beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles, a presente. A presentación da xustificación no prazo adicional de dez (10) días non eximirá das sancións que, conforme a lei corresponda.

4. Só serán computados a efectos de xustificación os gastos que fosen efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinatario a persoa beneficiaria e cuxo expedidor quede identificado nelas, así como mediante nóminas que estean emitidas pola entidade beneficiaria. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse facturas ou documentos xustificativos orixinais, acompañados da documentación acreditativa do pagamento, en concreto os extractos e certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos pola persoa beneficiaria.

5. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, ou as modificacións autorizadas. Se a xustificación é inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña o cumprimento da finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado. No caso de que non se xustifique a subvención en prazo, ou de que o executado non cumprise o fin para o que se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

6. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, caso de habelas, e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 25. Documentación xustificativa da subvención

1. Os documentos de xustificación deberán presentarse dentro dos prazos establecidos nestas bases reguladoras, debendo estar, nese momento, os proxectos plenamente realizados, operativos, de ser o caso, e verificables.

2. Os prazos de xustificación son os seguintes:

a) Anualidade 2022, antes do 20 de novembro de 2022.

b) Anualidade 2023, antes do 31 de marzo de 2023.

3. A documentación xustificativa que ten que presentar a entidade beneficiaria é a seguinte:

– Categoría 1: persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

a) Conta xustificativa composta de copias das facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa pagados, en orixinal ou copias. Os gastos aparecerán desagregados por conceptos.

b) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.

c) A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

d) No caso de que o proxecto sexa financiado, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos, de conformidade co disposto no artigo 28.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo de declaración de axudas do anexo V.

e) De ser o caso, os tres orzamentos que se requiren en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Certificados expedidos polos organismos competentes acreditados de estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria Estatal e a Axencia Tributaria da Comunidade Autónoma, así como nas súas obrigas coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes por ningún concepto con ningunha Administración pública, só no caso de que se denegue expresamente ao órgano xestor para solicitalos.

g) Documentación de ter realizado a publicidade axeitada (fotografías, carteis informativos, publicidade a través de páxina web, etc.) que xustifique o cumprimento coas obrigas establecidas no artigo 23.2.d) das presentes bases.

h) Dossier fotográfico que reflicta o desenvolvemento do proxecto obxecto de subvención.

i) Orzamento final do investimento realizado (anexo IV).

j) Avaliación do principio DNSH (anexo VI).

Non se admitirán supostos de autofacturación (facturas emitidas polo propia persoa beneficiaria da subvención).

As persoas e entidades provedoras non poderán estar vinculados co organismo solicitante ou coa empresa beneficiaria final, ou cos seus órganos directivos ou xestores.

4. Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

1º. Xustificante bancario (transferencia bancaria, certificación bancaria, xustificante bancario do ingreso efectivo polo portelo), en que conste: o titular da conta desde a que se realiza a operación ou a persoa que realiza o ingreso efectivo, que debe coincidir en todo caso coa persoa beneficiaria da subvención, receptor do pagamento (empresa ou autónomo) e número de factura obxecto do pagamento.

2º. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta da persoa beneficiaria dentro do prazo de xustificación.

No caso de que non quede acreditado o concepto do gasto, deberá achegar, ademais, xustificante de recepción asinado e selado polo provedor en que se especifiquen o número de factura pagada, número e data do cheque e NIF e nome da persoa receptora do cobramento.

Tanto no caso do cheque nominativo como da obriga de pagamento, para os efectos de data de pagamento, estimarase a data de cargo na conta do extracto bancario. En ningún caso se estimará como data de pagamento efectivo a entrega do cheque ao provedor.

3º. Non se admitirán en ningún caso como xustificante os documentos acreditativos de pagamentos en metálico, nin os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou se non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

A data dos xustificantes de gasto e do pagamento debe ser posterior á data de solicitude de axuda e terá como límite para a súa validez e admisión o último día do prazo de xustificación previsto as bases reguladoras.

En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos previstos nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Categoría 2: concellos e organismos dependentes:

a) Conta xustificativa conforme os artigos 8 e 10 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, que incorporará, en todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención, facendo constar, como mínimo:

1. O cumprimento da finalidade da subvención.

2. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

Salvo disposición expresa das bases reguladoras, e sen prexuízo do previsto na letra c) deste mesmo artigo, non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

b) Certificación expedida por la secretaría ou persoa responsable do control de legalidade da entidade en que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública e se faga referencia á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención.

c) O acordo do órgano de goberno de aprobación do proxecto obxecto de subvención.

d) No caso de que o proxecto sexa financiado, ademais da subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos, de conformidade co disposto no artigo 28.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo de declaración de axudas do anexo V.

e) Dossier fotográfico que reflicta o desenvolvemento do proxecto obxecto de subvención.

f) Documentación de ter realizado a publicidade axeitada (fotografías, carteis informativos, publicidade a través de páxina web, etc.) que xustifique o cumprimento coas obrigas establecidas no artigo 23.2.d) das presentes bases.

g) Orzamento final do investimento realizado segundo modelo do anexo IV.

h) Avaliación do principio DNSH (anexo VI).

i) De ser o caso, os tres orzamentos que se requiren en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 26. Pagamento da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención ademais dos formularios establecidos para o efecto.

2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta para o que se observará o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Pagamentos anticipados.

As entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida, en virtude do disposto no artigo 63.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada por Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que establece que o Consello da Xunta poderá autorizar unha porcentaxe maior á determinada no decreto. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada e non poderá exceder do importe de subvención da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

4. Pagamentos á conta.

Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e previa xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado por Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

5. Constitución de garantías.

As entidades beneficiarias da categoría 1 que soliciten, e se lles conceda, pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, quedarán exoneradas de constituír as garantías previstas no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, logo de aprobación do Consello da Xunta, de conformidade co seu artigo 67.4.

Artigo 27. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se tivese aboado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 28. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, a escusa, a obstrución ou a negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 29. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto con respecto ao gasto a realizar en Galicia.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) Se se incumpre a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 0,95.

b) Se se incumpren as tarefas, os compromisos, os obxectivos ou as condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 30. Procedemento de reintegro

1. Se aboada parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican no artigo 24 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 31. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento as visitas, as comprobacións e as solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da procedencia dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar, anualmente, as persoas beneficiarias para unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión dos fondos de recuperación e resiliencia, e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 32. Normativa aplicable

1. Será de aplicación, entre outra, a seguinte normativa:

1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións e, supletoriamente, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

1.5. Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio económico de Galicia.

1.6. Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas.

2. As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

2.1. Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

2.2. Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

2.3. Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2.4. Lei 47/2003, de 26 de novembro, xeral orzamentaria.

2.5. Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 27 de abril de 2021, polo que aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2.6. Disposición adicional primeira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2021.

2.7. Artigo 148 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

2.8. A Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2.9. A Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimiento de fitos e obxectivos de execución presupostaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 33. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 34. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file