Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26849

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de técnico/a de urbanismo de Administración especial, subescala técnica, funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 62, do 31 de marzo de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de técnico/a de urbanismo de Administración especial, subescala técnica, funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición, grupo A1.

No Boletín Oficial da provincia número 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 31 de marzo de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.7.2020; BOP núm. 114, do 23 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá e Persoal