Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 5 de maio de 2022 Páx. 27136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, co procedemento abreviado 396/2021.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 396/2021 (procedemento abreviado), interposto por Eliseo Figueira Ozón fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 24 de agosto de 2021, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 14 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro).

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe da experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos