Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 5 de maio de 2022 Páx. 26931

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (código de procedemento MT975M).

BDNS (Identif.): 623653.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos. Se a entidade ten as competencias en materia de xestión de residuos delegadas noutra entidade, será esta última a que poderá solicitar estas axudas.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal (código de procedemento MT975M) ao tempo que se fai publica a súa convocatoria para o ano 2022.

2. Son liñas subvencionables as seguintes:

• Liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.

• Liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.

O período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de novembro de 2025, ambos incluídos.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (código de procedemento MT975M).

Cuarto. Contía

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, segundo se indica a seguir:

a) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037) correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 ata un máximo dun millón setecentos cincuenta mil euros (1.750.000 €), procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 1.560.000 €.

2º. Importe para a liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 190.000 €.

b) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 ata un máximo de cincocentos oitenta e tres mil trescentos trinta e tres euros 583.333 € procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 519.999,70 €.

2º. Importe para a liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 63.333,30 €.

c) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 ata un máximo de cincocentos oitenta e tres mil trescentos trinta e tres euros 583.333 € procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 519.999,70 €.

2º. Importe para a liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 63.333,30€.

d) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 ata un máximo de cincocentos oitenta e tres mil trescentos trinta e tres euros 583.333 € procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 519.999,70 €.

2º. Importe para a liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 63.333,30 €.

2. O crédito máximo establecido nas liñas 1 e 2 da subvención poderá ser redistribuído dunha a outra se nalgunha delas as solicitudes beneficiarias non resultan suficientes para esgotar os fondos dispoñibles.

A modificación da distribución inicialmente aprobada rexerase segundo o previsto no artigo 26.3 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, de ser o caso, o reaxuste de anualidades farase de acordo co preceptuado no artigo 27 do mesmo corpo legal.

3. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excederá o 90 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo beneficiario/a e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se via financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), cos seguintes importes máximos de subvención:

a) Liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 300.000 €.

b) Liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos. O importe máximo da subvención acadada non poderá superar os 130.000 €.

4. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo ou no suposto previsto no artigo 25.3 do regulamento. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, de ser o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que procede. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal (código de procedemento MT975M).

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda