Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO da convocatoria e da publicación das bases dunha praza de profesor/a de apoio escolar e outros servizos educativos, culturais e administrativos (subgrupo A2), da escala de Administración especial, subescala técnica, mediante sistema de concurso-oposición.

Unha vez aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de profesor/a de apoio escolar e outros servizos educativos, culturais e administrativos (subgrupo A2) da escala de Administración especial, subescala técnica, para este concello, mediante sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 70, do 12 de abril de 2022, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de profesor/a de apoio escolar e outros servizos educativos, culturais e administrativos (subgrupo A2), da escala de Administración especial, subescala técnica, vacante no cadro de persoal municipal.

Esta praza ten as seguintes características:

– Grupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: profesor/a de apoio escolar e outros servizos educativos, culturais e administrativos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do concello e na súa páxina web www.concellocoiros.com

Coirós, 18 de abril de 2022

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde