Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO relacionado coa oferta de emprego público 2021 para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 68, do 8 de abril de 2022, publícanse as bases xerais polas que rexerán os procesos selectivos que convoque o Concello de Vilasantar para a selección de persoal laboral fixo para a oferta de emprego público do ano 2021, para a estabilización do emprego temporal, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 83, do 3 de maio de 2022, publícanse as bases específicas das prazas de axente de emprego e desenvolvemento local e administración, técnico en xestión cultural de información xuvenil, educadora familiar, auxiliar administrativo, e seis prazas de auxiliar de axuda no fogar.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vilasantar, 3 de maio de 2022

Fernando Pérez Fernández
Alcalde