Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de abril de 2022, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Concello de Ortigueira de concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Ortigueira, con destino á ocupación de edificio para o desenvolvemento de actividades de servizos sociais e cafetaría (expediente 12-02-21-C-1).

O día 24 de xaneiro de 2021, a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada polo Concello de Ortigueira no dominio público portuario do porto de Ortigueira con destino á ocupación de edificio para o desenvolvemento de actividades de servizos sociais e cafetaría, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de abril de 2022

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte