Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se notifican a caducidade e o arquivamento do expediente iniciado por Residuos y Reciclajes de Santiago, S.L., de modificación da autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos nun centro situado en Teo (A Coruña) (expediente 2020-SC-M-00216).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícase ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de caducidade do expediente.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-SC-M-00216.

Titular: Residuos y Reciclajes de Santiago, S.L.

NIF: B15978828.

Acto notificado: resolución de caducidade e arquivamento do expediente de modificación da autorización de xestor de residuos.

Data do acto administrativo: 18.2.2022.